MOSTRA DO MEL - QUIROGA (LUGO)
Categoría:
- Festas - Feiras›Gastronómicas
Motivación:
Conocimiento de este tradicional producto.
Oferta:
Feira de exaltación do mel de Quiroga. Degustación e venda de mel. Inclúe unhas xornadas divulgativas sobre apicultura.
<br>
Degustación e venda de viños. Exposición e venda de produtos típicos de elaboración artesanal: mel, aceite, castañas, embutidos, licores, etc.
<br>
As actividades da Feira do Mel inícianse na xornada anterior ó día grande. Pola tarde, na Casa da Cultura entréganse as credenciais aos apicultores e procédese ao sorteo dos postos de venda que ocupará cada un deles. Este acto normalmente coincide con algunha conferencia sobre o tema con degustación do producto. O propio día da feira, despois da inauguración oficial do certame, a xente achégase ata os distintos postos para mercar mel e outros produtos típicos da zona.