Skip to main content
Agenda / Axenda de Galicia logo

Superfish Menu

  • Actos
    • Culturais
    • Deportivos
    • Empresariais
    • Políticos
    • Profesionais
    • Relixiosos
    • Seminarios e Xornadas
    • Sociais
  • Espectáculos
    • Cine
    • Danza
    • Humor
    • Maxia
    • Música
    • Teatro
  • Festas - Feiras
    • Arte e antigüedades
    • Artesanía
    • Congresos e Salóns
    • Entroido
    • Festas populares
    • Festivais
    • Gando e Agricultura
    • Gastronómicas
    • Interese turístico
    • Medievales
    • Multisectorial
    • Nacionales
    • Outras feiras
    • Patronais
    • Rapas e curros
    • Romarías
    • Sectoriais
      • Construcción
      • Feira do Libro
      • Mobles e decoración
      • Moda
      • Motor
      • Novas tecnoloxías
      • Náutica
      • Outras
    • Interés Turístico
  • Exposicións
    • Permanentes
    • Temporais
  • Deportes
    • Motor
  • Sociedade
    • Aniversarios
    • Esquelas
  • Cursos
  • Servizos
Inicio

Festa da Pita en Ourense , DOMINGO FARELEIRO

Arquivos adxuntos
Festa da Pita en Ourense , DOMINGO FARELEIRO
Categoría: 
  • Festas - Feiras›Entroido
  • Festas - Feiras›Festas populares
Cando ten lugar
Data: 
05/02/2012
Quen organiza
Organiza: 
Asociación Amigos da Pita
Descrición

COMEZA A FESTA DA PITA
Domingo 5 de febreiro dará comezo o Entroido na cidade, coa celebración n’As Eiroás do Domingo Fareleiro; o que supón o inicio dunda nova edición da Festa da Pita, que chega este ano á súa 14ª edición

 
Vindeiro domingo 5 de febreiro vai dar comezo o ciclo do Entroido no barrio ourensán d’as Eiroás, e faino –un ano máis- coa celebración do Domingo Fareleiro, iniciando a súa particular celebración dunha nova edición da Festa da Pita (e xa van 14).
 
A imaxe deste ano é un cartaz realizado polo artista e deseñador ourensán Miguel Suárez, que elixe novamente a máscara do barrio como fondo para albergar as datas da festa.
 
Por outra parte, a cor da fita que pendurará do ombreiro da máscara da Pita neste 2012 será MARELA, pois desde a Asociación Amigas/os da Pita entendemos que 2011 supuxo o ano das revoltas sociais en medio mundo. O norte de África mudou o mapa socio-político e o noso entorno máis próximo (o Estado e mesmo a cidade) viviron concentracións emanadas do que se deu en chamar 15-M, que trascendeu a un bon número de países do mundo. Escóllese esta cor por ser unha das 2 cores (xunto ao negro) empregadas por este movimento. Asemade, e seguindo co costume de incluir as iniciais dos bebés nacidos dunha Pita ao longo do ano, a fita deste 2012 incluirá 3 iniciais, por outras tantas crianzas recén chegadas ao mundo no contorno da festa.
 
O programa da festa deste ano segue a tónica das edicións anteriores:
 
05/02 DOMINGO FARELEIRO
Pola mañá.- Recepción do Meco polas autoridades do barrio
Desde as 5 da tarde.- farelo na praza, coa Charanga NOVA TERRA
 
12/02 DOMINGO OLEIRO
Ás 5 da tarde, máis ou menos.- Chegada das Olas á praza.
Xogo das Olas coa Charanga OS CHISPAS
 
18/02 SÁBADO de ENTROIDO
Entre lusco e fusco.- Folión do Entroido
 
21/02 MARTES de ENTROIDO
Pola mañá.- Pasa-rúas con máscaras e músicos

13 h.- Voda da Pita

Xantar dos noivos, coa Charanga CHUNDA-CHUNDA

Baile de disfraces coa Orquestra D’MOMENTO

Concursos e pasarelas de disfraces

Apartir das 9 da noite.- Queima do Meco

Compartir
  • Facebook
  • Twitter
  • Tuenti
  • Meneame
  • Google Buzz

Búsqueda avanzada

Calendario

Envíanos o teu evento

De Interese

  • Festas locais
  • Recintos feirais

Recursos

  • O Tempo
  • Fases da Lúa
  • Contacto

Santoral

Santoral
Nomes e significados
InternetGalicia.net - Galicia Digital