En xullo do 2011 xorde o Quinteto Son Real, coa intención de levar a música tradicional cubana a todas partes. A principal base é o son cubano e a partires de aí poder fusionalo con outros estilos. Os compoñentes da agrupación contan cun grande nivel de profesionalidade xa que todos teñen unha traxectoria musical importante. O Quinteto como formación está composto polo xa tradicional e coñecido como ‘o tres cubano’: instrumento nacional de cuba, guitarra clasica (co seu peculiar acompañamento), contrabaixo co seu amarrado tumbao, congas, bongó (coa súa marcha e o seu martelo), güiro, maracas, clave (co seu ritmo contaxioso), … Compoñen o quinteto: Eliamner Cruz (tres e voz), Carlos (guitarra e voz), Antonio (contrabaixo e voz), Valia (percusion menor e voz) e Álex (percusión).
Envíanos o teu evento