Este proxecto expositivo nace na Coruña, con motivo do 75
aniversario da Cristalería El Reflejo, fundada en 1935 por Jesús
Ares González. Grazas á xenerosidade desta empresa,
os artistas puideron construír os seus propios soños deixando
que a imaxinación fluíse a través da beleza e luminosidade
transparente do cristal.
Soledad Penalta, Tiago Madeira, Manuel Patinha, Paco Pestana,
Álvaro de la Vega, Tono Galán, Montse Rego, María
Xosé Díaz, Carmen Senande, Acisclo Manzano e Julia Ares
reuniron esforzos para demostrar que hoxe a única barreira que se pode aplicar á arte contemporánea
é a da calidade. José Luis Rey e Queca Ares achegaron a súa creatividade á
montaxe e Pepa Cerviño fixo o propio cun rigoroso texto historiográfico no catálogo da mostra.
O Museo do Pobo agradece o esforzo de El Reflejo por avalar convocatorias culturais deste
tipo, agradecemento extensible á imprenta gráfica Litonor e á Deputación de Ourense por
contribuíren a que esta mostra se faga visible nas salas de Bonaval.
Envíanos o teu evento