Ir o contido principal
Axenda de Galicia | Agenda de Galicia logo

Superfish Menu

  • Actos
  • Espectáculos
  • Festas - Feiras
  • Exposicións
  • Cursos
  • Eventos no exterior
  • Servizos
Inicio

terceira Gala Lvcvs Moda

  • user warning: Table 'web68db1.vocabulary' doesn't exist query: SELECT vid FROM web68db1.vocabulary in /home/www/web75/web/sites/agendanueva.galiciadigital.com/modules/hierarchical_select/modules/hs_taxonomy.module on line 648.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT t.* FROM term_node r INNER JOIN web68db1.term_data t ON r.tid = t.tid INNER JOIN web68db1.vocabulary v ON t.vid = v.vid WHERE r.vid = 33498 ORDER BY v.weight, t.weight, t.name LIMIT 0, 1 in /home/www/web64/web/sites/all/modules/pathauto/pathauto.module on line 142.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT t.*,v.weight AS v_weight_unused FROM term_node r INNER JOIN web68db1.term_data t ON r.tid = t.tid INNER JOIN web68db1.vocabulary v ON t.vid = v.vid WHERE r.vid = 35575 ORDER BY v.weight, t.weight, t.name in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 640.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 10931 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 11845 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 11120 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 9432 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 7793 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 480 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 432 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 418 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.
  • user warning: Table 'web68db1.vocabulary' doesn't exist query: SELECT v.*, n.type FROM web68db1.vocabulary v LEFT JOIN vocabulary_node_types n ON v.vid = n.vid WHERE v.vid = 3 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1056.
  • user warning: Table 'web68db1.vocabulary' doesn't exist query: SELECT v.*, n.type FROM web68db1.vocabulary v LEFT JOIN vocabulary_node_types n ON v.vid = n.vid WHERE v.vid = 44 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1056.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 432 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 432 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 432 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT t.tid, t.*, parent FROM web68db1.term_data t INNER JOIN web68db1.term_hierarchy h ON t.tid = h.tid WHERE t.vid = 0 ORDER BY weight, name in /home/www/web75/web/sites/agendanueva.galiciadigital.com/modules/hierarchical_select/modules/hs_taxonomy.module on line 802.
Modificar evento
Arquivos adxuntos
terceira Gala Lvcvs Moda
Categoría: 
    Cando ten lugar
    Hora: 
    20.00 h.
    Ónde ten lugar
    Localidade: 
      Lugar: 
      Circulo de las Artes de Lugo
      Descrición

      A terceira Gala Lvcvs Moda homenaxeará a Terras do Miño no 10º aniversario da súa declaración coma Reserva da Biosfera pola UNESCO

      - Gómez Besteiro, López Orozco e representantes da moda lucense presentaron o evento, que terá lugar o 8 de maio no Círculo das Artes e contará coa participación de 5 firmas de deseño, 15 de artesanía e, como novidade, 10 perruquerías con experiencia en pasarela

      - O Presidente da Deputación destacou que o organismo lugués reedita o certame debido ó interese amosado polo sector, pois supón “unha repercusión económica de primeiro nivel para os seus negocios, como constataron nas dúas primeiras edicións”

      - Grupos musicais da cidade poñerán a banda sonora na gala, que conta con 21 empresas colaboradoras e na que se anunciará o gañador do I Concurso de Novos Deseñadores, outra novidade

      O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, e o Alcalde de Lugo, José López Orozco, acompañados polo deseñador Luis Areñas, a artesá Yolanda Álvarez e o perruqueiro Eduardo Souto, en representación de todos os sectores participantes, presentaron este mércores a terceira edición da Gala Lvcvs Moda, que terá lugar o vindeiro 8 de maio no Círculo das Artes lucense e homenaxeará a Terras do Miño polo 10º aniversario do seu recoñecemento pola UNESCO como Reserva da Biosfera. O acto, celebrado precisamente no Centro de Interpretación Terras do Miño, contou coa presenza dun nutrido grupo dos máis de 100 profesionais que participarán directamente no certame organizado polo organismo provincial e o Concello de Lugo: deseñadores, artesáns e perruquerías especializadas en moda, un sector este último que toma parte por vez primeira no evento. O Presidente destacou que a Deputación decidiu reeditar por terceiro ano consecutivo a Gala, a única da comunidade galega que se consolida, “debido ó interese que amosou o sector lucense da moda, xa que ten unha importante repercusión económica para os seus negocios, como constataron nas dúas primeiras edicións”.

      As entradas para o evento, que volverá a contar cunha ampla cobertura mediática, tanto nacional, como internacional, estarán á venda a un prezo de 20 euros no Servizo de Protocolo da Deputación –no Pazo de San Marcos- en horario de mañá, e nos establecementos das firmas de deseño participantes. A Gala emitirase a través de numerosas canles de televisión grazas ó traballo dos alumnos de Produción e Realización Audiovisual da Fundación TIC, que serán os encargados de gravar todo o que aconteza sobre a pasarela e fóra dela, convertendo esta Gala nun escaparate perfecto para a promoción da moda feita na provincia. Como remate do evento, os asistentes poderán degustar unha selección de viños e produtos gastronómicos lucenses, como agasallo por parte dos creadores presentes na pasarela.

      Como outra das moitas novidades, a Deputación editará e distribuirá entre os asistentes un díptico con toda a información necesaria para adquirir as creacións dos deseñadores e artesáns presentes na pasarela de moda, así como os servizos das perruquerías. Deste xeito, o organismo lugués reforza o impacto promocional e económico que xa de por si supón o evento para os profesionais participantes.

      Esta terceira Gala Lvcvs Moda combina o obxectivo de difundir o patrimonio natural lucense -Lugo é a única provincia española que conta con máis do 50% do seu territorio declarado Reserva da Biosfera pola Unesco-, co xenuíno propósito de impulsar o sector do deseño lucense, que nos eidos da moda e da artesanía, xoga un papel destacado como xerador de riqueza e emprego. Tal e como subliñou Gómez Besteiro, “en momentos complicados todos sufrimos recortes, pero isto é unha inversión porque todos gañan”. Pola súa banda, López Orozco quixo destacar que o proxecto “é unha lección de optimismo, só fastidiaría que agora agocháramos o bo que temos”.

      O deseñador Luis Areñas indicou que esta Gala quere “confirmar la repercusión económica tan positiva que tiene para las pequeñas empresas, que gracias a la pasarela han contratado á más personal, se han posicionado a nivel nacional e incluso internacional, y han incrementado sus ventas, además de estar más próximas al público”. A artesá Yolanda Álvarez destacou “o esforzo realizado nesta época de recorte por sacar adiante unha Gala que beneficia á artesanía, un sector en crise antes da propia crise”, mentres que o perruqueiro Eduardo Souto subliñou que o evento “sería inviable si no fuese por el apoyo de Diputación y Concello”, ademais de avogar “por la unión de la moda y la peluquería, pues no podemos ir por libre. Esto no es un gasto, es una inversión”.

      Un centenar de profesionais

      Máis de 100 profesionais participarán directamente na Lvcvs Moda. En deseño, contará coa presenza de 5 firmas: os talentos lucenses Manuel Bolaño, Sara Lage e Maru Calderón, Luis Areñas para Manuela López, Montse Arias e Inpe&Sons amosarán as súas últimas creacións sobre a pasarela.

      Ó longo da velada darase a coñecer así mesmo o gañador do I Concurso de Novos Deseñadores lucenses, outra das novidades ideadas pola Deputación con motivo da Gala deste ano. O concurso fomenta os novos valores no deseño de moda, potencia a industria deste sector, e, principalmente, favorece o emprego xuvenil. Igualmente dedicado á Reserva Terras do Miño, a orixinalidade, calidade e creatividade dos deseños, a inspiración no medio ambiente e a presentación dos traballos serán tidos en conta por esta orde polos membros do xurado para nomear ó gañador, que será anunciado na Gala e recibirá 500 euros en metálico. Haberá outros dous galardóns, dotados con 300 e 200 euros, respectivamente.

      A Deputación creou neste mandato por primeira vez unha área de goberno especificamente dedicada á artesanía e ó deseño, e o sector artesán terá unha vez máis unha presencia especial na Lvcvs Moda. Así, 15 firmas de artesanía mostrarán ó público as súas creacións de xoiería, marroquinería e outros complementos de vestir, que conxugan tradición e modernidade. Trátase de: Beatriz Valín e Chicha Lombao; Carmen López; Cecilia Carballo; Idoia Cuesta; Jara Rodríguez; María Rodríguez; Miguel Caamaño; Adolfo Domínguez; Pilar Rodríguez; Paula Dimé; Ramón Álvarez; Ramón Lleó; Noela Feal; Vidal Revilla; e Yanllan (formada por Yolanda e Laura Luz Álvarez Nieto).

      Aínda que os peiteados e maquillaxes das modelos que lucirán os deseños sobre a pasarela estarán a cargo do IES Muralla de Lugo, en resposta á petición realizada polo sector o pasado ano, haberá un desfile profesional do que se ocuparán 10 centros de perruquería e estética con experiencia en pasarela, todos eles lucenses: Aluma, Attelier, Benjamín, Doana, Eduardo Souto, Galagroup, Mohana, Mönet, Pilar e René Velasco.

      A Gala da moda lucense está consolidada como unha inmellorable oportunidade económica para todos os participantes. De aí o gran interese das firmas lucenses por tomar parte nesta iniciativa. Este ano hai 21 empresas colaboradoras: IES Muralla Romana; Conservatorio Profesional de Danza; restaurantes España, Mesón de Alberto e Koki García; hoteis Ciudad de Lugo e Méndez Núñez; o estilista Guillermo Fajardo; Rochas; Caramelo; Anna de Amigo; Modesto Santa Eularia; Cuplé; Senén; Ramón Rebolo; Dick&Paul; Messalina; Torques; Depidel e Porta Castelli.

      Música de grupos da cidade

      Por primeira vez, a ambientación musical da Gala correrá a cargo de grupos lucenses, en concreto, dos participantes no certame Xoves con Arte, unha iniciativa organizada pola Deputación e o Concello de Lugo para impulsar as novas agrupacións musicais da cidade. Grazas a ela, 33 grupos gravaron outros tantos temas nun disco, editado pola Fundación TIC, e composto por dous CDs. Deste xeito, os temas de pop, rock ou música galega dos grupos Alberto Busto, Blö, Brea Sound System, Bristol, David Taboado & ASOC, High Sky, Mentirosos, Mullet, Zinc So!, Aro Arrhythmia, Atup-Lekar, Janie’s Gun, Lastway, Meskalina, Moondogs Blues Party, Pants off. Psicodelepsia, Ripper Ground, Sally the Aracnophobic, Shattered Mirror, Xenro, Airiños de Orbazai, Andaina, Arrincadeira Folk, Batital, Caivanca, Pastillas Mamut, S3, Safari Orquestra, Telémaco e Zrutablism estarán presentes na banda sonora deste evento.

      10º aniversario de Terras do Miño

      A Gala Lvcvs Moda súmase ós numerosos actos que a Deputación de Lugo está a organizar ó longo deste 2012 con motivo do 10º aniversario da Reserva Terras do Miño. Ó igual que coa decoración que durante o Nadal luciu na praza de San Marcos, ciclos de conferencias, exposicións ou o certame fotográfico organizados no que vai de ano, con esta iniciativa a institución provincial quere lembrar a importancia que ten a riqueza ambiental da provincia para impulsala economía de Lugo e garantir a calidade de vida dos veciños.

      Compartir
      • Facebook Like
      • Tweet Widget
      • Google Plus One
      Modificar evento

      Enviar un evento

      Buscador

      Formato: 2025-10-23
      You don't have Javascript enabled. Hover for more information! But don't worry: you can still use this web site! You have two options:
      • enable Javascript in your browser and then refresh this page, for a much enhanced experience.
      • click the Update button every time you want to update the selection.

      Axuda

      Pode empregar estes filtros para amosar só os eventos do seu interese.
      Pode empregar os filtros xuntos ou por separado.
      Despois de seleccionar un ou varios filtros prema o botón buscar para realizar a súa busqueda.

      por título

      Indroduza unha ou varias palabras e amosaranse só os ventos que conteñan todas esas palabras no seu título.

      por data

      Pode limitar los eventos por:

      • ano: amosaranse todos os eventos dese ano.
      • mes: mes amosaranse todos os eventos dese mes.
      • día: amosaranse só os eventos dese día.

      por lugar

      Seleccione no menú despregable a provincia e/ou localidade. Amosaranse só os eventos que teñan lugar nesa provincia/localidade.

      por categoría

      Seleccione unha categoría no menú despregable. Amosaranse só os eventos desa categoría.

      Recursos

      • Festas locais
      • Recintos feirais
      • Fases da Lúa
      • O Tempo

      Santoral

      Santoral
      Nomes e significados
      InternetGalicia.net - Galicia Digital - Contacto - Aviso Legal - Política de Privacidad - Política de cookies
      Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
      Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información