Ir o contido principal
Axenda de Galicia | Agenda de Galicia logo

Superfish Menu

  • Actos
  • Espectáculos
  • Festas - Feiras
  • Exposicións
  • Cursos
  • Eventos no exterior
  • Servizos
Inicio

vídeo GABRIEL MASCARO no MARCO

  • user warning: Table 'web68db1.vocabulary' doesn't exist query: SELECT vid FROM web68db1.vocabulary in /home/www/web75/web/sites/agendanueva.galiciadigital.com/modules/hierarchical_select/modules/hs_taxonomy.module on line 648.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 10931 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 11850 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 9432 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 7793 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 480 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 432 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 418 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.

  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT t.* FROM term_node r INNER JOIN web68db1.term_data t ON r.tid = t.tid INNER JOIN web68db1.vocabulary v ON t.vid = v.vid WHERE r.vid = 40621 ORDER BY v.weight, t.weight, t.name LIMIT 0, 1 in /home/www/web64/web/sites/all/modules/pathauto/pathauto.module on line 142.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT t.*,v.weight AS v_weight_unused FROM term_node r INNER JOIN web68db1.term_data t ON r.tid = t.tid INNER JOIN web68db1.vocabulary v ON t.vid = v.vid WHERE r.vid = 36965 ORDER BY v.weight, t.weight, t.name in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 640.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 10931 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 11117 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 9432 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 7982 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 482 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 432 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 418 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.
  • user warning: Table 'web68db1.vocabulary' doesn't exist query: SELECT v.*, n.type FROM web68db1.vocabulary v LEFT JOIN vocabulary_node_types n ON v.vid = n.vid WHERE v.vid = 3 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1056.
  • user warning: Table 'web68db1.vocabulary' doesn't exist query: SELECT v.*, n.type FROM web68db1.vocabulary v LEFT JOIN vocabulary_node_types n ON v.vid = n.vid WHERE v.vid = 44 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1056.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 432 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 432 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 432 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT t.tid, t.*, parent FROM web68db1.term_data t INNER JOIN web68db1.term_hierarchy h ON t.tid = h.tid WHERE t.vid = 0 ORDER BY weight, name in /home/www/web75/web/sites/agendanueva.galiciadigital.com/modules/hierarchical_select/modules/hs_taxonomy.module on line 802.
Modificar evento
Arquivos adxuntos
vídeo GABRIEL MASCARO no MARCO
Categoría: 
    Cando ten lugar
    Hora: 
    11.00 a 21.00 h.
    Ónde ten lugar
    Localidade: 
      Lugar: 
      MARCO Museo de Arte Contemporáneo de Vigo
      Descrición

      A partir do martes 5 de xuño, o MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo, exhibe no espazo do salón de actos o vídeo titulado EBB & FLOW. A Onda Traz, o Vento Leva, do artista Gabriel Mascaro (Recife, Brasil, 1981), gañador da Bolsa 2011 da Fundación ArtAids para a produción audiovisual. Trátase dun proxecto que se convoca unha vez ao ano, polo que ArtAids encarga a produción dun vídeo que trate de forma innovadora a cuestión do VIH/sida ou os seus problemas derivados.

      A presentación desta obra de Mascaro conta coa colaboración do MARCO de Vigo; o MACBA, Museu d’Art Contemporani de Barcelona; e La Casa Encendida, de Madrid, que acollen a programación do vídeo en datas sucesivas. No caso do MARCO, trátase da segunda colaboración coa Fundación ArtAids, responsable da exposición ‘You Are not Alone’, que ocupou as salas da planta baixa do MARCO no último trimestre de 2011.

      EBB & FLOW. A Onda Traz, o Vento Leva

      Vídeo HD, cor, estéreo, 28 min, 2012

      A de Gabriel Mascaro non é unha obra convencional polo que respecta ao tratamento do tema do VIH, senón que vai moito máis alá. O resultado rehúye as miradas que se centran unicamente nos aspectos patolóxicos da enfermidade. Mascaro ofrece un enfoque moito máis íntimo, internándose na realidade cotiá dun rapaz xordo e nas dificultades comunicativas coas que debe encararse día tras día.

      A súa historia está chea de dúbidas e de complexidades que poñen de manifesto o seu desexo e ao mesmo tempo a súa vulnerabilidade. Pero a pesar dos silencios que imperan na realidade do protagonista, a súa forza e vitalidade rompen esta carencia. A obra consegue transmitir vibracións, como unha onda chea de “idas e vindas”. O artista quere mostrar así un silencio obxectivo diante do espectador e da concepción do sida no seu contorno.

      Sinopse

      Rodrigo é un rapaz xordo de Recife, no nordés de Brasil. Tras abandonalo a súa dona, Rodrigo enfróntase ao desafío de ter que educar só á súa filla de catro anos. Vive coa súa nai e traballa instalando radios para coches nun pequeno concesionario aos arredores da cidade. Malia a súa xordeira, o son logra penetrar na súa vida e aproveita as súas vibracións, sénteas e deixa que o ritmo corra polas súas veas.

      Texto do artista

      “Cando a fundación ArtAids me propuxo o desafío de atopar un xeito para incorporar a miña investigación artística no debate en torno ao VIH e a sida, a primeira idea que me veu á mente foi a de tratar de establecer unha representación da realidade que a miúdo se perde no imaxinario das campañas de prevención. Quería explorar aspectos da vida cotiá, a ‘normalidade’, a indiferenza, as idas e vindas, o banal. Así pois, a película non trata sobre o virus do VIH dende a perspectiva da patoloxía, senón que revela unha experiencia sensorial, corporal e emocional que interactúa coa xente, o tempo e o espazo.

      O filme ten un enfoque experimental e incorpora técnicas híbridas que mesturan ‘realidade’/documental con narración/ficción. A elección estética de rodar con cámara fixa e prolongar os encadres ten a intención de transmitir as experiencias sensoriais de Rodrigo, que foi elixido como personaxe principal co fin de tecer unha rede de vibracións sonoras, ruídos, silencios, dúbidas e ambigüidades.

      A cotidianeidade de Rodrigo serve como laboratorio para as pequenas accións nas que observamos o corpo en movemento, que representa xestos únicos no tempo. O seu corpo é forte e fráxil ao mesmo tempo. Sedúcenos sutilmente, convídanos a achegármonos, a debuxar os fonemas e os ideogramas no aire, desprazando os sentidos e interrompendo o silencio.

      As accións cotiás de Rodrigo indúcennos a unha viaxe composta polas experiencias comúns nas que incomunicabilidade e diversidade se reforzan a través da súa alteridade. A través das miradas ao mundo de Rodrigo que recolle a película, establécense relacións entre as múltiples e fluídas identidades da súa personalidade e as diferentes capas que atravesa o seu ser durante a súa viaxe.”

      Gabriel Mascaro

      Entre silencio e elocuencia

      Metodoloxía convencida de EBB & FLOW de Gabriel Mascaro

      Por Sayoko Nakahara

      “Polo momento, imos deixar de lado as cuestións sobre a sida e os xordos que se describen na película. Este filme é un traballo artístico que dilúe os límites entre documental e ficción. Se nos fixamos no enfoque que Gabriel Mascaro porta sobre o personaxe de Rodrigo e a súa vida ordinaria, comprobamos que a metodoloxía artística é moi comparable cunha das tendencias actuais da práctica documental na arte contemporánea. Tomando como punto de partida perspectivas afastadas e sutís, a cámara fixa sitúase preto do suxeito e céntrase na súa rutina diaria e nas conversas. Recoñecemos ecos de destacados filmes recentes: Cloud Island de Fiona Tan, que ilustra unha vida apracible na illa xaponesa de Inujima, ou Lung Neaw de Rirkrit Tiravanija, un videorretrato de máis de oito horas de duración que captura a xornada dun ancián tailandés.

      No caso que nos ocupa, non obstante, Rodrigo é un personaxe imaxinario e algunhas partes da trama foron creadas por Mascaro. Así mesmo, o artista ou o propio traballo non desvelan (ou máis ben non necesitan desvelar) que aspectos da película son reais e cáles non o son. Esta intención abriu enormemente a imaxinación do público, posiblemente con certa confusión, e, ademais, logrou espertar un sentido de verosimilitude con múltiples connotacións e implicacións. Deste modo, a obra de Mascaro achégase a influentes traballos como Ne change rien e No Quarto dá Vanda do director de cinema portugués Pedro Costa. Os espectadores deléitanse coa estética do elegante ou do decadente, ademais de co relevante socialmente, antes de descubrir (ou se cadra porque non son quen de facelo) se a película é documental ou de ficción.

      Neste punto podemos volver aos aspectos políticos e de percepción que subxacen na película. O artista utiliza o recurso da cámara obxectiva e mestura deliberadamente elementos reais e irreais. Ademais, por outra banda, esconde a súa propia opinión detrás da do segmento da sociedade brasileira que rodea ao sida e aos xordos co uso de narracións poéticas e de representación. Esta metodoloxía convencida e neutral, que non interfire na interpretación dos espectadores, acaba sendo realmente provocativa: anima o público a investigar os asuntos políticos por iniciativa propia e estimula enormemente a súa inspiración. Deste xeito, o traballo é silencioso á vez que elocuente, a imaxe e semellanza do propio personaxe de Rodrigo.

      Sayoko Nakahara

      Bolsa de comisariado H+F, 2012-2013

      FRAC Nord-Pas de Calais

      A fundación ArtAids

      A Fundación ArtAids é unha organización sen ánimo de lucro que, na súa loita contra a sida, invita a artistas a realizar obra nova para combater a través da arte o estigma asociado á enfermidade. O obxectivo é concienciar á sociedade acerca da afección, mellorar a actitude cara ás persoas seropositivas, e obter financiamento para levar a cabo proxectos destinados á prevención e a erradicación. Os ámbitos de actuación de ArtAids son a cultura, a educación e a saúde pública.

      ArtAids foi creada en 2006 polo escritor e coleccionista de arte holandesa Han Nefkens, propietario da colección H+F. O descubrimento de Nefkens o ano 1987 de que era seropositivo supuxo un cambio radical na súa vida. Han Nefkens viu a intensidade desta experiencia reflectida no mundo da arte e decidiu utilizalo para aumentar a concienciación social sobre o problema do sida e para mellorar a vida daqueles que viven co VIH. Nefkens estableceu organizacións independentes de ArtAids en Holanda, Thailandia e España.

      Compartir
      • Facebook Like
      • Tweet Widget
      • Google Plus One
      Modificar evento

      Enviar un evento

      Buscador

      Formato: 2025-06-23
      You don't have Javascript enabled. Hover for more information! But don't worry: you can still use this web site! You have two options:
      • enable Javascript in your browser and then refresh this page, for a much enhanced experience.
      • click the Update button every time you want to update the selection.

      Axuda

      Pode empregar estes filtros para amosar só os eventos do seu interese.
      Pode empregar os filtros xuntos ou por separado.
      Despois de seleccionar un ou varios filtros prema o botón buscar para realizar a súa busqueda.

      por título

      Indroduza unha ou varias palabras e amosaranse só os ventos que conteñan todas esas palabras no seu título.

      por data

      Pode limitar los eventos por:

      • ano: amosaranse todos os eventos dese ano.
      • mes: mes amosaranse todos os eventos dese mes.
      • día: amosaranse só os eventos dese día.

      por lugar

      Seleccione no menú despregable a provincia e/ou localidade. Amosaranse só os eventos que teñan lugar nesa provincia/localidade.

      por categoría

      Seleccione unha categoría no menú despregable. Amosaranse só os eventos desa categoría.

      Recursos

      • Festas locais
      • Recintos feirais
      • Fases da Lúa
      • O Tempo

      Santoral

      Santoral
      Nomes e significados
      InternetGalicia.net - Galicia Digital - Contacto - Aviso Legal - Política de Privacidad - Política de cookies
      Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
      Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información