Ir o contido principal
Axenda de Galicia | Agenda de Galicia logo

Superfish Menu

  • Actos
  • Espectáculos
  • Festas - Feiras
  • Exposicións
  • Cursos
  • Eventos no exterior
  • Servizos
Inicio

reunión da Federación nacional de municipios con centrais hidroeléctricas e encoros que “a cooperación intermunicipal

  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT t.*,v.weight AS v_weight_unused FROM term_node r INNER JOIN web68db1.term_data t ON r.tid = t.tid INNER JOIN web68db1.vocabulary v ON t.vid = v.vid WHERE r.vid = 43946 ORDER BY v.weight, t.weight, t.name in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 640.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 10931 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 11118 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 11120 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 9432 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 7883 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 481 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 432 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 418 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.
  • user warning: Table 'web68db1.vocabulary' doesn't exist query: SELECT v.*, n.type FROM web68db1.vocabulary v LEFT JOIN vocabulary_node_types n ON v.vid = n.vid WHERE v.vid = 3 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1056.
  • user warning: Table 'web68db1.vocabulary' doesn't exist query: SELECT v.*, n.type FROM web68db1.vocabulary v LEFT JOIN vocabulary_node_types n ON v.vid = n.vid WHERE v.vid = 44 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1056.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 432 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 432 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 432 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT t.tid, t.*, parent FROM web68db1.term_data t INNER JOIN web68db1.term_hierarchy h ON t.tid = h.tid WHERE t.vid = 0 ORDER BY weight, name in /home/www/web75/web/sites/agendanueva.galiciadigital.com/modules/hierarchical_select/modules/hs_taxonomy.module on line 802.
Modificar evento
Arquivos adxuntos
reunión da Federación nacional de municipios con centrais hidroeléctricas e encoros que “a cooperación intermunicipal
Categoría: 
    Ónde ten lugar
    Localidade: 
      Lugar: 
      Centro Cultural Marcos Valcárcel da Deputación Ourense
      Descrición

      43 concellos de Ourense reciben máis de 6 millóns de euros por contar con infraestruturas hidroeléctricas e enerxéticas no seu territorio

       

      A Deputación de Ourense organizou hoxe unha xornada para explicar aos alcaldes e técnicos os novos aspectos económicos e xurídicos da normativa do sector

       

      Ourense, 11 de abril de 2012.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, dixo hoxe na reunión da Federación nacional de municipios con centrais hidroeléctricas e encoros que “a cooperación intermunicipal, a mellor ferramenta para que os pequenos concellos afronten a grave crise que padecemos”, fai posible, por exemplo, que aqueles municipios que teñen no seu territorio infraestruturas hidroeléctricas e enerxéticas se poidan beneficiar economicamente e reciban o que por lei lles corresponde”. Baltar afirmou que a Deputación de Ourense potencia esta cooperación coa colaboración da Federación nacional de municipios con encoros, o que posibilita que 43 concellos da provincia de Ourense reciban 6,3 millóns de euros por ter no seu territorio estas infraestruturas enerxéticas. “Uns fondos que supoñen de grande axuda para estes concellos, porque é unha maneira máis de financiar os gobernos locais”, explicou o presidente provincial.

       

      Na xornada técnica, que tivo lugar no Centro Cultural “Marcos Valcárcel” organizada pola Deputación de Ourense, participaron, xunto ao titular da Deputación, Francisco Sánchez e Javier Gonzalo, coordinador e asesor xurídico da federación, respectivamente, os cales deron conta aos alcaldes dos municipios con encoros das últimas novidades no que atinxe a financiamento e aspectos técnicos, económicos e xurídicos, así como aspectos de actualidade referidos á reforma da Administración Local.

       

      Manuel Baltar, que é presidente da Asociación de municipios con centrais hidroeléctricas en Ourense e membro da comisión executiva nacional, explicou que as empresas hidroeléctricas “xeran unha serie de beneficios económicos que teñen que reverter nos concellos e, por extensión, nos seus cidadáns”, e neste senso, engadiu que a Federación nacional de municipios con encoros “abre unha importante porta para a cooperación, porque desa asociación dos concellos nace unha fortaleza que lles permitirá negociar mellor as condicións para que se recoñezan os dereitos que teñen os concellos que contan con este tipo de infraestruturas hidráulicas”.

       

      A Federación nacional de asociacións e municipios con centrais hidroeléctricas e encoros agrupa a un milleiro de concellos de España –unha oitava parte do total-, e ten como obxectivo avanzar nas melloras medioambientais, económicas, de seguridade e de desenvolvemento social das comarcas onde están situadas presas e embalses.

       

      Na provincia de Ourense son 43 os concellos afectados por presas e encoros, e deles, 19 contan con centrais hidroeléctricas, sendo 23 o total de presas e encoros na provincia de Ourense.

      A Federación de asociacións de concellos con encoros e centrais hidroeléctricas ven traballando dende hai anos na defensa dos intereses destes concellos fronte ás grandes multinacionais e empresas hidroeléctricas. O seu labor céntrase principalmente en axudar aos pequenos concellos que teñen carencias en materia de asesoramento xurídico e xestión fiscal. Dende a súa creación, a federación ten conseguido importantes aportes económicos para estes municipios tanto coa xestión directa diante das hidroeléctricas como diante da administración do Estado.

       

      Manuel Baltar defende políticas medioambientais “que sexan especialmente activas e dinámicas nos pequenos concellos do rural, porque a riqueza e a competitividade destes municipios pasa por potenciar accións sostibles e por desenvolver iniciativas en clave ecolóxica e de protección do medio natural". O presidente provincial afirma que unha provincia como Ourense, caracterizada polo seu potencial hidroeléctrico "debe ser membro activo da Federación de encoros, para colaborar con ela e formar parte da actividade institucional da federación, caracterizada polo asesoramento aos concellos e o desenvolvemento de programas que contribúan a dar solución aos problemas comúns as asociacións e concellos que integran este ente".

       

      Compartir
      • Facebook Like
      • Tweet Widget
      • Google Plus One
      Modificar evento

      Enviar un evento

      Buscador

      Formato: 2025-07-06
      You don't have Javascript enabled. Hover for more information! But don't worry: you can still use this web site! You have two options:
      • enable Javascript in your browser and then refresh this page, for a much enhanced experience.
      • click the Update button every time you want to update the selection.
      You don't have Javascript enabled. Hover for more information! But don't worry: you can still use this web site! You have two options:
      • enable Javascript in your browser and then refresh this page, for a much enhanced experience.
      • click the Update button every time you want to update the selection.

      Axuda

      Pode empregar estes filtros para amosar só os eventos do seu interese.
      Pode empregar os filtros xuntos ou por separado.
      Despois de seleccionar un ou varios filtros prema o botón buscar para realizar a súa busqueda.

      por título

      Indroduza unha ou varias palabras e amosaranse só os ventos que conteñan todas esas palabras no seu título.

      por data

      Pode limitar los eventos por:

      • ano: amosaranse todos os eventos dese ano.
      • mes: mes amosaranse todos os eventos dese mes.
      • día: amosaranse só os eventos dese día.

      por lugar

      Seleccione no menú despregable a provincia e/ou localidade. Amosaranse só os eventos que teñan lugar nesa provincia/localidade.

      por categoría

      Seleccione unha categoría no menú despregable. Amosaranse só os eventos desa categoría.

      Recursos

      • Festas locais
      • Recintos feirais
      • Fases da Lúa
      • O Tempo

      Santoral

      Santoral
      Nomes e significados
      InternetGalicia.net - Galicia Digital - Contacto - Aviso Legal - Política de Privacidad - Política de cookies
      Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
      Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información