Ir o contido principal
Axenda de Galicia | Agenda de Galicia logo

Superfish Menu

  • Actos
  • Espectáculos
  • Festas - Feiras
  • Exposicións
  • Cursos
  • Eventos no exterior
  • Servizos
Inicio

acto inaugural da mostra “51 páxinas das nosas Letras”

  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT t.*,v.weight AS v_weight_unused FROM term_node r INNER JOIN web68db1.term_data t ON r.tid = t.tid INNER JOIN web68db1.vocabulary v ON t.vid = v.vid WHERE r.vid = 50629 ORDER BY v.weight, t.weight, t.name in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 640.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 10931 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 11117 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 9432 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 7856 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 481 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 432 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 418 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.
  • user warning: Table 'web68db1.vocabulary' doesn't exist query: SELECT v.*, n.type FROM web68db1.vocabulary v LEFT JOIN vocabulary_node_types n ON v.vid = n.vid WHERE v.vid = 3 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1056.
  • user warning: Table 'web68db1.vocabulary' doesn't exist query: SELECT v.*, n.type FROM web68db1.vocabulary v LEFT JOIN vocabulary_node_types n ON v.vid = n.vid WHERE v.vid = 44 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1056.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 432 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 432 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 432 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT t.tid, t.*, parent FROM web68db1.term_data t INNER JOIN web68db1.term_hierarchy h ON t.tid = h.tid WHERE t.vid = 0 ORDER BY weight, name in /home/www/web75/web/sites/agendanueva.galiciadigital.com/modules/hierarchical_select/modules/hs_taxonomy.module on line 802.
Modificar evento
Arquivos adxuntos
acto inaugural da mostra “51 páxinas das nosas Letras”
Categoría: 
    Cando ten lugar
    Hora: 
    20.00 h
    Ónde ten lugar
    Localidade: 
      Lugar: 
      Casa do Concello
      Descrición

      CELANOVA ACOLLE A MOSTRA COA QUE A XUNTA DE GALICIA, O PARLAMENTO GALEGO E A RAG CONMEMORAN O 50º ANIVERSARIO DAS LETRAS GALEGAS

       

      ’51 páxinas das nosas letras’ achegará durante este ano as medallas conmemorativas dos autores homenaxeados o 17 de maio desde o ano 1963, que a Cámara galega aloxa na súa Sala das Letras Galegas, a numerosos puntos da nosa xeografía

      O delegado territorial da Xunta en Ourense participou no acto de inauguración da mostra na Casa do Concello, onde se poderá visitar ata o vindeiro 30 de marzo

       

      Celanova (Ourense), 25 de marzo de 2014.- O delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Rogelio Martínez, participou este serán no acto inaugural da mostra “51 páxinas das nosas Letras”, que acolle estes días o concello ourensán de Celanova no marco da itinerancia que está a ter en numerosos puntos da xeografía galega durante este ano. Con ela, a Xunta de Galicia, o Parlamento galego e a Real Academia Galega (RAG) conmemoran conxuntamente o 50º aniversario da instauración do Día das Letras Galegas (celebrado por primeira vez o 17 de maio de 1963).

       

      Durante a súa intervención, o delegado territorial destacou que “con esta mostra pretendemos dar un paso máis no convencemento de que o Día das Letras Galegas posúe un valor extraordinario, centrado nun autor ou autora de prestixio, no que se reflicte o esencial do noso xeito de ver o mundo”. Martínez asegurou que “os galegos e galegas levamos celebrando 51 anos o Día das Letras Galegas. Esta festa da palabra, que naceu exclusivamente como efeméride literaria, préstalle tamén acubillo a actividades que, estando fóra do ámbito propiamente literario, forman parte do día a día da cidadanía de hoxe e promoven o a dinamización social do idioma propio de Galicia”.

       

      No acto participaron, amais de Rogelio Martínez, o vicepresidente primeiro do Parlamento galego, Miguel Santalices; o rexedor municipal, José Luis Ferro.

       

      ’51 páxinas das nosas Letras’

      Na mostra ’51 páxinas das nosas Letras’ colaboran a Xunta de Galicia -por medio da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria- o Parlamento galego e a Real Academia Galega para achegarlle á cidadanía os persoeiros aos que as Letras Galegas homenaxearon desde a instauración da súa celebración, o 17 de maio de 1963, no ano en que a efeméride chega ao seu 50º aniversario.

       

      Integran a exposición un total de 51 medallas conmemorativas dos e das homenaxeadas, que aloxa a Cámara galega na súa Sala das Letras Galegas e que cada ano confeccionan, por encarga do Parlamento de Galicia, o caricaturista Siro López e o escultor Manuel Ferreiro. Complétanse cos perfís biográficos de cada autor, cun vídeo divulgativo e cunha edición conmemorativa que se pode descargar, de balde en formato dixital, aquí.

       

      A mostra, que iniciou a súa itinerancia en decembro de 2013 cunha primeira parada na propia sede parlamentar, xa visitou as cidades da Coruña e de Ferrol, e a vila ourensá do Carballiño. Logo do seu paso por Celanova, en cuxa Casa da Concello se poderá visitar ata o vindeiro 30 de marzo, percorrerá ata finais de ano numerosos puntos da nosa xeografía. A vindeira parada será a cidade das Burgas.

       

      Compartir
      • Facebook Like
      • Tweet Widget
      • Google Plus One
      Modificar evento

      Enviar un evento

      Buscador

      Formato: 2025-06-22
      You don't have Javascript enabled. Hover for more information! But don't worry: you can still use this web site! You have two options:
      • enable Javascript in your browser and then refresh this page, for a much enhanced experience.
      • click the Update button every time you want to update the selection.
      You don't have Javascript enabled. Hover for more information! But don't worry: you can still use this web site! You have two options:
      • enable Javascript in your browser and then refresh this page, for a much enhanced experience.
      • click the Update button every time you want to update the selection.

      Axuda

      Pode empregar estes filtros para amosar só os eventos do seu interese.
      Pode empregar os filtros xuntos ou por separado.
      Despois de seleccionar un ou varios filtros prema o botón buscar para realizar a súa busqueda.

      por título

      Indroduza unha ou varias palabras e amosaranse só os ventos que conteñan todas esas palabras no seu título.

      por data

      Pode limitar los eventos por:

      • ano: amosaranse todos os eventos dese ano.
      • mes: mes amosaranse todos os eventos dese mes.
      • día: amosaranse só os eventos dese día.

      por lugar

      Seleccione no menú despregable a provincia e/ou localidade. Amosaranse só os eventos que teñan lugar nesa provincia/localidade.

      por categoría

      Seleccione unha categoría no menú despregable. Amosaranse só os eventos desa categoría.

      Recursos

      • Festas locais
      • Recintos feirais
      • Fases da Lúa
      • O Tempo

      Santoral

      Santoral
      Nomes e significados
      InternetGalicia.net - Galicia Digital - Contacto - Aviso Legal - Política de Privacidad - Política de cookies
      Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
      Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información