Centro Cultural Torrente Ballester / Ferrol
Proxecto Museístico
O Centro Torrente Ballester é un espazo multidisciplinar e aberto pensado para a promoción, produción e estudo da arte contemporánea. Xunto coas exposicións de carácter xeral que soen ocupar o Espazo Antigo e Novo do Centro, a reconfiguración do novo programa expositivo inclúe una serie de novas salas ideadas para adaptarse á realidade dos tempos actuais así como á propia idiosincrasia do Centro.
Así, a Sala Máximo Ramos nace coma un espazo en que amosar, ben de maneira individual ou propiciando xogos de interrelacións, os abundantes fondos de pintura e gravado do Concello.
A Sala de Proxectos, situada nun espazo abovedado que se correspondía co arquivo do antigo hospital, albergará propostas máis heteroxéneas e alternativas, moitas delas pensadas e elaboradas específicamente para este emblemático espazo.
Así mesmo, o CTB dispón dunha Zona de Lectura en que o vistante poderá consultar os catálogos en curso, revistas especializadas así como aqueles fondos bilbliográficos que dende a Concellería de Cultura ou o mesmo Centro se viñeron editando ao longo de todos estes anos de vida da institución.
