Skip to main content
Agenda / Axenda de Galicia logo

Superfish Menu

  • Actos
    • Culturais
    • Deportivos
    • Empresariais
    • Políticos
    • Profesionais
    • Relixiosos
    • Seminarios e Xornadas
    • Sociais
  • Espectáculos
    • Cine
    • Danza
    • Humor
    • Maxia
    • Música
    • Teatro
  • Festas - Feiras
    • Arte e antigüedades
    • Artesanía
    • Congresos e Salóns
    • Entroido
    • Festas populares
    • Festivais
    • Gando e Agricultura
    • Gastronómicas
    • Interese turístico
    • Medievales
    • Multisectorial
    • Nacionales
    • Outras feiras
    • Patronais
    • Rapas e curros
    • Romarías
    • Sectoriais
      • Construcción
      • Feira do Libro
      • Mobles e decoración
      • Moda
      • Motor
      • Novas tecnoloxías
      • Náutica
      • Outras
    • Interés Turístico
  • Exposicións
    • Permanentes
    • Temporais
  • Deportes
    • Motor
  • Sociedade
    • Aniversarios
    • Esquelas
  • Cursos
  • Servizos
Inicio

David Fernández Rivera en "2020 European Art Tour"

Arquivos adxuntos
David Fernández Rivera en "2020 European Art Tour"
Categoría: 
  • Actos›Culturais
  • Exposicións›Temporais
Cando ten lugar
Hora: 
17:00 a 22:00
Ónde ten lugar
Pais: 
España
Localidade: 
  • España›Galicia›Pontevedra›Mos
Lugar: 
Pazo de Mos
Quen organiza
Organiza: 
Nortcultura
Descrición

O próximo día 9 de decembro no emblemático "Pazo de Mos ", farase a presentación oficial do proxecto de arte e cultura itinerante "2020 European Art Tour", un proxecto europeo de divulgación artística e cultural, enfocado á promoción de novos artistas de todas as disciplinas, levado a cabo pola empresa galega de xestión cultural Nortcultura.

Entre os artistas, destacamos ao poeta, dramaturgo e director teatral David Fernández Rivera, quen presentará o seu poema visual dual "Lanza" nun paseo xunto ao resto de autores, pois nesta ocasión se poñerá cada un na pel dun guía da súa propia obra.

David, quen se mostrou partidario da poesía visual, aínda que prefire renomeala, polo menos no seu caso, como deseño gráfico con miras totais ou parciais á expresión artística e reflexión filosófica; tamén declarou que non volverá crear este tipo de desenvolvementos fóra do "Nortcultura" ou para o uso en beneficio dunha causa nobre ou actividade humanitaria.

Así mesmo, presentará en primicia o seu primeiro disco de estudo editado en España baixo o título homónimo do seu actual espectáculo "Ecos de la noche". Ao longo do tempo que dure a exposición, os visitantes poderán escoitar e adquirir o LP, grazas a un pequeno dispositivo de escoita permanente situado entre o resto de obras, reivindicando así a música como soporte por autonomasia, xunto ao poemario, para compartir todas e cada unha das súas ideas e pensamentos. O resto da súa bibliografía actual tamén estará á venda.

David Fernández Rivera agradece a oportunidade a "Nortcultura" por servir como un soporte novo ás novas apostas artísticas, e no seu caso particular, de impulsar un novo vehículo para a expresión artística do poeta, como sempre, afianzada no compromiso polo máis débiles e maltratados, así como na súa repulsa ao maltrato.

O obxectivo de "2020 European Art Tour" é crear unha plataforma de promoción e de mercado para pintores, deseñadores, fotógrafos, escultores, actores, músicos e outros artistas nun marco de cooperación interrexional europeo.

Este tour ofrecerá unha oferta multidisciplinar cara ao público en cada feira: Exposicións e venda de pintura, fotografa, escultura, talleres, cine, teatro, concertos e outros eventos utilizando os propios espazos urbanos como salas de arte. Realizarase co obxectivo de percorrer no ano 2020, mediante feiras itinerantes por toda Europa, unha distancia equivalente ao ecuador do planeta terra. (40.075,004 km). O primeiro circuíto estará composto pola realización de 12 eventos de duración media dun mes en distintas cidades de España e Portugal.

O innovador proxecto, nacido en Galicia, inaugurarase nun espazo único, o Pazo de Mos, coa colaboración da Fundación Pazo de Mos e terá un mes e medio de duración. A programación estará composta por unha oferta cultural cunha exposición de pintura conxunta de oito artistas de diversas partes de España e Portugal, un mercado creativo onde poder adquirir as obras dos propios artistas implicados e catro sesións de curtos ao longo do mes de decembro e Xaneiro. Toda a programación se pode consultar no blog do proxecto 2020arttour.wordpress.com.

Todos aqueles que gocen da arte e que desexen ver curtametraxes nacionais e internacionais e unha exposición cunha selección das mellores obras de artistas de toda a xeografía española e portuguesa non teñen máis que achegarse a partir do 9 de Decembro ás 20 h pola sala de exposicións do Pazo de Mos.

2020 European Art Tour

Compartir
  • Facebook
  • Twitter
  • Tuenti
  • Meneame
  • Google Buzz

Búsqueda avanzada

Calendario

Envíanos o teu evento

De Interese

  • Festas locais
  • Recintos feirais

Recursos

  • O Tempo
  • Fases da Lúa
  • Contactar

Santoral

Santoral
Nomes e significados
InternetGalicia.net - Galicia Digital