Nesta época estraña non é sinxelo atopar o camiño, pero algúns inténtano e o conseguen. A banda do Porriño, El Cubo, está a piques de finaliza-la súa Marcha de las Hormigas para embarcarse de cheo nun novo traballo discográfico. O grupo, que conquistou a exércitos de formigas polos distintos escenarios da Galiza e a península, está inmerso na creación do seu próximo disco, un traballo (da man de Radix Records) que rachará co actual son da banda para internarse, sen renunciar á súa esencia, noutras paisaxes sonoras e musicais como un xeito propio de entende-la evolución da vida. Once anos de experiencia, tres discos editados e os centos de kilómetros de escenario confirman a El Cubo como un dos referentes do rock feito na Galiza. Unha banda que ao longo deste 2012 subirá un peldaño máis na súa evolución para face-la revolución.
Envíanos o teu evento