A exposición “Ceremonial, festa e liturxia na Catedral de Santiago”, será inaugurada mañá, día 14 de outubro ás 12:30 na Igrexia de San Domingos de Bonaval. A mostra forma parte do programa de actos que, con motivo do 800 aniversario da Catedral, supuxo un traballo conxunto por parte de: Museo catedralicio, Cabildo (coa colaboración do Arcebispado), e Consorcio de Santiago. O evento contará coa asistencia, entre outras autoridades, do Arcebispo de Santiago, Mons. Barrio, e o Alcalde compostelano, D.Xerardo Conde Roa.
Envíanos o teu evento