EXPOURENSE, Fundación Feiras e Exposicións de Ourense.
Situado nun punto medio da zona sur de Galicia, EXPOURENSE reúne unha serie de condicións xeográficas e infraestructuras viarias que facilita o desprazamento dende as comunidades limítrofes e, por suposto, dende calquera punto da comunidade galega.
A 45 minutos do aeroporto de Peinador en Vigo, e a 60 minutos do aeroporto de Lavacolla en Santiago de Compostela.
Versatilidade e flexibilidade definen as instalacións de Expourense, convertendo o recinto no lugar idóneo para todo tipo de actividades, que poden incluso ser celebradas de xeito simultáneo e con total independencia.
Superficie total:32.000 m2
Construidos: 14.000 m2
Altura de 10 metros. Opción de división dos 8.000 m2 en espazos pechados de 2.000 m2 e 6.000 m2.