Ir o contido principal
Axenda de Galicia | Agenda de Galicia logo

Superfish Menu

  • Actos
  • Espectáculos
  • Festas - Feiras
  • Exposicións
  • Cursos
  • Eventos no exterior
  • Servizos
Inicio

Lume de Teatro Babaluva

Modificar evento
Arquivos adxuntos
Lume de Teatro Babaluva
Categoría: 
  • Espectáculos›Teatro
Cando ten lugar
Hora: 
12:00
Ónde ten lugar
Pais: 
España
Localidade: 
  • España›Galicia›Pontevedra›Pontevedra (Capital)
Lugar: 
PAZO DA CULTURA DE PONTEVEDRA
Descrición

Proposta innovadora de teatro de obxectos onde dúas titiriteiras recrean un bosque e os seus animais para contar esta historia de sensibilización medioambiental dirixida a nenas e nenos de 2 a 8 anos, utilizando unha técnica mixta de contacontos e títeres de mesa.

Neste proceso de creación participaron mulleres artistas de diversas disciplinas como o teatro, a fotografía , a música e as artes plásticas.

Sinopse:

Nun bosque onde vivían moitos animáis algo pasou que fixo ladrar ao can....

Unha lapa de lume chegou con ganas de facer un incendio.

O can chamou á vaca, a vaca ao cervo, o cervo á xabarila, a xabarila á landra, a landra preocupada foi buscar ao moucho que avisou a araña. A araña viu ao ourizo , o sapo alertou á garza que estaba comendo miñocas. A eiruga falou coa bolboreta , voluntariosas chegaron a vacaloura e o esquío. E así foi como, axudándose uns aos outros, prepararon un plan para apagar o lume.

Ficha Artística e Técnica:

  • Dirección artística: Mariza Basso (Brasil)
  • Dramaturxia e dirección de escea: Santi Prego (Galicia)
  • Produción executiva e artística: Teatro Babaluva
  • Titiriteiras: Larraitz e Mirari Urruzola (Euskadi/Galicia)
  • Deseño e construción de títeres e escenografía : Mariza Basso Teatro de Formas Animadas/Teatro Babaluva
  • Composición Banda Sonora : Merran Laginestra (Australia)
  • Fotografía: Clara Miguelez (Galicia)
  • Costura: Rosario Sampedro (Galicia)
  • Colaboracións: Pepe Penabade, Lucho Penabade, Comercial Grupo Anaya/Xerais, Xurxo Seara, Ramsés R.
  • Son Directo, Pepe Escudero, Pepe San Luís.

Características do espectáculo:

Os títeres e os elementos escenográficos están construídos reutilizando obxectos cotiáns recoñecibles e sen apenas transformación. Técnica que recollimos grazas a colaboración no proxecto da compañeira brasileira MARIZA BASSO TEATRO DE FORMAS ANIMADAS, internacionalmente recoñecida como especialista en teatro de obxectos.

A banda sonora é orixinal e está composta pola artista australiana MERRAN LAGINESTRA, compositora de música contemporánea con gran experiencia en creación de bandas sonoras para teatro de títeres e danza.

A arquitecta e fotógrafa galega CLARA MIGUELEZ, plasmou nas súas fotos a ollada sutil e poética dos elementos do espectáculo.

En Maio do 2008, MIRARI e LARRAITZ URRUZOLA, despois de máis de 20 anos de traxectoria na produción de espectáculos de títeres de diversas técnicas de manipulación para público infantil, con presenza nos máis relevantes festivais do panorama tanto nacional coma internacional, formamos a compañía TEATRO BABALUVA. Neste proxecto facemos visible o traballo de moitas mulleres artistas de diversos puntos do planeta, acompañounos un equipo implicado en crear emocións, divulgar valores de cooperación, respecto e compromiso social.

Compartir
  • Facebook Like
  • Tweet Widget
  • Google Plus One
Modificar evento

Enviar un evento

Buscador

Formato: 2023-02-06
You don't have Javascript enabled. Hover for more information! But don't worry: you can still use this web site! You have two options:
  • enable Javascript in your browser and then refresh this page, for a much enhanced experience.
  • click the Update button every time you want to update the selection.
You don't have Javascript enabled. Hover for more information! But don't worry: you can still use this web site! You have two options:
  • enable Javascript in your browser and then refresh this page, for a much enhanced experience.
  • click the Update button every time you want to update the selection.

Axuda

Pode empregar estes filtros para amosar só os eventos do seu interese.
Pode empregar os filtros xuntos ou por separado.
Despois de seleccionar un ou varios filtros prema o botón buscar para realizar a súa busqueda.

por título

Indroduza unha ou varias palabras e amosaranse só os ventos que conteñan todas esas palabras no seu título.

por data

Pode limitar los eventos por:

  • ano: amosaranse todos os eventos dese ano.
  • mes: mes amosaranse todos os eventos dese mes.
  • día: amosaranse só os eventos dese día.

por lugar

Seleccione no menú despregable a provincia e/ou localidade. Amosaranse só os eventos que teñan lugar nesa provincia/localidade.

por categoría

Seleccione unha categoría no menú despregable. Amosaranse só os eventos desa categoría.

Recursos

  • Festas locais
  • Recintos feirais
  • Fases da Lúa
  • O Tempo

Santoral

Santoral
Nomes e significados
InternetGalicia.net - Galicia Digital - Contacto - Aviso Legal - Política de Privacidad - Política de cookies
Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información