O Centro Cultural da Deputación de Ourense prepara unha gran exposición para lembrar a figura dun dos grandes pintores galegos, o ourensán Manuel Prego de Oliver, do que se cumplen 25 anos do seu pasamento.
Con este motivo, o recinto cultural da Deputación inaugurará o venres, día 16 de decembro, unha retrospectiva do pintor represaliado pola ditadura na que se xuntarán preto de 100 obras procedentes de fondos institucionais e de coleccións públicas e privadas, así como dos fondos da propia familia.
Esta colaboración dos seis fillos do pintor (Ricardo, Manuel, Margarita, Alberto, Blanca e Laura) resulta esencial na conformación desta mostra, onde aparecerán os seus emblemáticos bodegóns, as súas paisaxes, as súas referencias cotiás a personaxes coma os mendigos e unha serie de retratos de diferentes persoeiros da cultura galega, entre outros aspectos.
A exposición, comisariada por Mercedes Rozas, contará co apoio dunha publicación na que se recollen textos da propia comisaria e dos críticos Xosé Antón Castro e José Manuel García Iglesias, ademais do xornalista Arturo Lezcano, gran amigo do pintor, co que compartíu moitas tertulias.
Dende a Deputación preténdese con esta exposición renderlle unha merecida homenaxe a un pintor que foi exemplar á hora de profesionalizar o seu traballo ate converterse nun refrente a nivel non soio galego, senón nacional e internacional.
Envíanos o teu evento