Ir o contido principal
Axenda de Galicia | Agenda de Galicia logo

Superfish Menu

  • Actos
  • Espectáculos
  • Festas - Feiras
  • Exposicións
  • Cursos
  • Eventos no exterior
  • Servizos
Inicio

MUSGAFOL: Gaita e Orquestra

Modificar evento
Arquivos adxuntos
MUSGAFOL: Gaita e Orquestra
Categoría: 
  • Actos›Culturais
  • Espectáculos›Música
Cando ten lugar
Hora: 
21:00
Ónde ten lugar
Pais: 
España
Localidade: 
  • España›Galicia›Pontevedra›Pontevedra (Capital)
Lugar: 
PAZO DA CULTURA DE PONTEVEDRA
Quen organiza
Organiza: 
Asociación Toque pechado de Pontevedra
Descrición

 Ao longo de máis dun século de reivindicación da dignificación da gaita galega e da figura do gaiteiro, na actualidade o noso instrumento nacional está a pasar por una etapa de esplendor na que recuperou o seu recoñecemento e respecto social e na que están garantidos o seu ensino e a súa difusión.

 Desde que a LOXSE e máis tarde a LOE fixeron posible a introdución da gaita galega nos conservatorios do país vimos asistindo á continua creación dun novo repertorio para a nosa gaita acompañada por instrumentos como o piano, a arpa ou por formacións musicais como a banda de música ou mesmo a orquestra.

 O MUSGAFOL é un espazo para difusión da música académica composta para a gaita de fol galega moderna, que ata agora só tiña cabida nas aulas dalgúns conservatorios, no que se potencian aos seus creadores e aos novos intérpretes.

 Tras un percorrido polas creacións musicais para gaita e piano e para gaita e banda sinfónica, nesta terceira edición do MUSGAFOL, dedicada ao repertorio para gaita e orquestra, daranse cita algúns dos mellores gaiteiros do noso país como Xurxo Fernández, Oscar Ibáñez, José M. López, Diego Mariño, Cristian Silva ou Pablo Devigo, acompañados pola Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra, baixo a batuta do director Javier Viceiro, gravando ao vivo, coa colaboración da Radio Galega, o primeiro CD monográfico deste repertorio, que marcará un fito na historia do noso instrumento.

 

PROGRAMA

OFCP

Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra. Director: Javier Viceiro

 Solista: Xurxo Fernández

Alba de Ultramar (Ernesto Campos)

 Solista: Oscar Ibáñez

A Derradeira Sintaxe (Javier María López)

 Solistas: José M. López e Diego Mariño

Con-certo Sentido (Ernesto Campos)

1. Dorothé e Antón. Pioneiros

2. Pontevedra e Don Ricardo

 Solista: Cristian Silva

Carmina Utricularis (Javier María López)

 Solista: Pablo Devigo

Xota (Pablo Devigo)

 Todos os solistas

Alborada Galega (Pascual Veiga / Adaptación para orquestra de Marcos Valcarcel a partir do arranxo para banda de X. L. Represas)

 

Compartir
  • Facebook Like
  • Tweet Widget
  • Google Plus One
Modificar evento

Enviar un evento

Buscador

Formato: 2023-02-06
You don't have Javascript enabled. Hover for more information! But don't worry: you can still use this web site! You have two options:
  • enable Javascript in your browser and then refresh this page, for a much enhanced experience.
  • click the Update button every time you want to update the selection.
You don't have Javascript enabled. Hover for more information! But don't worry: you can still use this web site! You have two options:
  • enable Javascript in your browser and then refresh this page, for a much enhanced experience.
  • click the Update button every time you want to update the selection.

Axuda

Pode empregar estes filtros para amosar só os eventos do seu interese.
Pode empregar os filtros xuntos ou por separado.
Despois de seleccionar un ou varios filtros prema o botón buscar para realizar a súa busqueda.

por título

Indroduza unha ou varias palabras e amosaranse só os ventos que conteñan todas esas palabras no seu título.

por data

Pode limitar los eventos por:

  • ano: amosaranse todos os eventos dese ano.
  • mes: mes amosaranse todos os eventos dese mes.
  • día: amosaranse só os eventos dese día.

por lugar

Seleccione no menú despregable a provincia e/ou localidade. Amosaranse só os eventos que teñan lugar nesa provincia/localidade.

por categoría

Seleccione unha categoría no menú despregable. Amosaranse só os eventos desa categoría.

Recursos

  • Festas locais
  • Recintos feirais
  • Fases da Lúa
  • O Tempo

Santoral

Santoral
Nomes e significados
InternetGalicia.net - Galicia Digital - Contacto - Aviso Legal - Política de Privacidad - Política de cookies
Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información