Ir o contido principal
Axenda de Galicia | Agenda de Galicia logo

Superfish Menu

  • Actos
  • Espectáculos
  • Festas - Feiras
  • Exposicións
  • Cursos
  • Eventos no exterior
  • Servizos
Inicio

Nortrans acollerá as primeiras actividades organizadas polo Clúster de Loxística e Transporte de Galicia

Modificar evento
Arquivos adxuntos
Nortrans acollerá as primeiras actividades organizadas polo Clúster de Loxística e Transporte de Galicia
Categoría: 
  • Actos›Empresariais
  • Actos›Profesionais
Ónde ten lugar
Pais: 
España
Localidade: 
  • España›Galicia›Ourense›Ourense (Capital)
Lugar: 
EXPOURENSE, Fundación Feiras e Exposicións de Ourense.
Descrición

>> Participarán nas xornadas técnicas sobre transporte de Mercadorías e Viaxeiros

  A 8º edición do salón terá lugar en Expourense os días 2 e 3 de setembro e contará coa presenza das principais carrocerías do país

 Nortrans, Salón do Transporte e a Loxística acollerá as primeiras actividades que poña en marcha o novo Clúster do Transporte e a Loxística de Galicia, aínda en proceso de constitución. Organizarán unha mesa redonda, integrada nas xornadas técnicas sobre Transporte de Mercadorías e Viaxeiros na que abordarán a loxística e a cooperación como ferramentas para a mellora competitiva do sector e a necesidade de creación deste Clúster.

 Este novo Clúster da Loxística e o Transporte de Galicia incorpórase ó comité asesor de Nortrans 2011, unha entidade que reúne a todos os axentes socioeconómicos vencellados ao sector do transporte, públicos e privados, e relacionados tanto co transporte de mercadorías como de viaxeiros. Están representados neste comité as principais asociacións profesionais de Galicia (ANETRA, FEGABUS, FEGATRAMER, TRANSGACAR, ORENCAR, APETAMCOR, ATVC, AETRANS, ACOAG e FEGATRAVI) e empresas do sector privado. Todos eles mostraron o seu firme compromiso e apoio a Nortrans, un salón profesional que consideran propio e que lles serve de punto de encontro e debate, xa que serán varias as asociacións de profesionais do sector que celebren as súas asembleas anuais no marco desta cita.

 

A presentación do Clúster será unha das principais novidades da 8ª edición de Nortrans que terá lugar en Expourense os días 2 e 3 de setembro de 2011 e que se converterá no punto de referencia do sector no noroeste peninsular, coa presenza de

 

 

expositores que abranguen distintas áreas do transporte por estrada, ferrocarril e mar e entre os que se atopan os principais carroceiros de autobuses e camións do país.

 

Outra das novidades será a incorporación á feira da Asociación Nacional de Vendedores de Vehículos a Motor, Reparación e Recambios, GANVAM, unha entidade que conta con máis de 9.000 asociados en toda España.

 

Xornadas Técnicas

Durante a última reunión do comité asesor de Nortrans perfiláronse os temas a abordar nas Xornadas Técnicas de Transporte de Mercadorías e Viaxeiros que contarán coa presenza de representantes da administración e de federacións e asociacións do sector, entre outros relatores, que analizarán a actualidade dende distintas ópticas. Un dos temas xa confirmados para abordar nestas xornadas será o impacto da Lexislación Europea sobre o ordeamento xurídico español do transporte de viaxeiros que será explicado polo Subdirector Xeral de Ordenación e Normativa da Dirección Xeral de Transporte por Estrada do Ministerio de Fomento, Emilio Sidera.

 

Neste foro profesional ademais abordaranse outros aspectos de actualidade como os modelos de financiamento do transporte público ou o aproveitamento das plataformas loxísticas do transporte de mercaderías. Precisamente será a loxística un sector que aumentará o seu protagonismo nesta edición, xa que se convidará a participar nestas xornadas, entre outros, ás principais autoridades portuarias para analizar cómo se podría integrar a rede loxística de Galicia e para marcar as liñas de actuación a seguir.

 

Estas xornadas contan cunha elevada participación entre as empresas relacionadas co transporte xa que as utilizan como foro de debate sobre a actualidade do sector.

 

 

Máis información sobre NORTRANS en www.expourense.org

 

Compartir
  • Facebook Like
  • Tweet Widget
  • Google Plus One
Modificar evento

Enviar un evento

Buscador

Formato: 2023-01-30
You don't have Javascript enabled. Hover for more information! But don't worry: you can still use this web site! You have two options:
  • enable Javascript in your browser and then refresh this page, for a much enhanced experience.
  • click the Update button every time you want to update the selection.
You don't have Javascript enabled. Hover for more information! But don't worry: you can still use this web site! You have two options:
  • enable Javascript in your browser and then refresh this page, for a much enhanced experience.
  • click the Update button every time you want to update the selection.

Axuda

Pode empregar estes filtros para amosar só os eventos do seu interese.
Pode empregar os filtros xuntos ou por separado.
Despois de seleccionar un ou varios filtros prema o botón buscar para realizar a súa busqueda.

por título

Indroduza unha ou varias palabras e amosaranse só os ventos que conteñan todas esas palabras no seu título.

por data

Pode limitar los eventos por:

  • ano: amosaranse todos os eventos dese ano.
  • mes: mes amosaranse todos os eventos dese mes.
  • día: amosaranse só os eventos dese día.

por lugar

Seleccione no menú despregable a provincia e/ou localidade. Amosaranse só os eventos que teñan lugar nesa provincia/localidade.

por categoría

Seleccione unha categoría no menú despregable. Amosaranse só os eventos desa categoría.

Recursos

  • Festas locais
  • Recintos feirais
  • Fases da Lúa
  • O Tempo

Santoral

Santoral
Nomes e significados
InternetGalicia.net - Galicia Digital - Contacto - Aviso Legal - Política de Privacidad - Política de cookies
Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información