Parroquia de Labrada (Sta María) Guitiriz
A parroquia de Labrada está situada a 14,3 km do núcleo municipal e conta con 313 habitantes según o Padrón do 2005, agrupados en 39 entidades poblacionais.
En Labrada, destaca a súa igrexa parroquial e o conxunto monástico da Granxa. Labrada era unha das propiedades máis importantes do Mosterio de Monfero. A parroquia creouse no século XIII a raíz da necesidade de atender cristianamente ós fieis deste amplo territorio.
Así, construíuse un pequeno conxunto monástico, que se chamou “A Granxa”.
Xunto co complexo monástico da Granxa destaca a Igrexa Parroquial de Santa María , situada no lugar de Mallo, é un templo románico reconstruído no S. XVII e no S.XVIII .
Destaca a imaxe popular da Virxe con arco adintelado do S. XVIII e hornacina, no seu muro dereito consérvase a porta primitiva, e no prebisterio o retablo maior barroco popular do S.XVIII.
En Labrada, tamén destacan as “mámoas ou medorras” como poden ser a “Medorra de Formosa” en o Castro ou a “Medorra da Pena dos Nenos” en Serra da Loba.
Ademais das mámoas, tamén destacan os castros como son O Castro de Margá , situado na aldea do mesmo nome, na ladera da colina en vez de nun alto como soe ser habitual , ou o Castro da Torre en A Torre.
A festas patronais de Labrada son na honra a Sta María os días 14 e 15 de agosto