Ir o contido principal
Axenda de Galicia | Agenda de Galicia logo

Superfish Menu

  • Actos
  • Espectáculos
  • Festas - Feiras
  • Exposicións
  • Cursos
  • Eventos no exterior
  • Servizos
Inicio

apertura da VII Xornada sobre Enerxías Renovables e Eficiencia Enerxética.

Modificar evento
Arquivos adxuntos
apertura da VII Xornada sobre Enerxías Renovables e Eficiencia Enerxética.
Categoría: 
  • Actos›Seminarios e Xornadas
Ónde ten lugar
Pais: 
España
Localidade: 
  • España›Galicia›Ourense›Ourense (Capital)
Lugar: 
EXPOURENSE, Fundación Feiras e Exposicións de Ourense.
Descrición

ROGELIO MARTÍNEZ DESTACA A APOSTA DO GOBERNO GALEGO POLO AFORRO E A EFICIENCIA ENERXÉTICA PARA REDUCIR OS CONSUMOS EN EMPRESAS E FOGARES

 

O delegado territorial da Xunta en Ourense presidiu o acto de apertura da VII Xornada sobre Enerxías Renovables e Eficiencia Enerxética que organiza Expourense

Esta actividade presenta experiencias internacionais de Alemaña, Suíza e Portugal

 

Ourense, 4 de setembro de 2013.- O delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Rogelio Martínez, presidiu esta mañá a apertura da VII Xornada sobre Enerxías Renovables e Eficiencia Enerxética. Trátase dunha iniciativa de Expourense que aposta pola difusión do uso de enerxías limpas e do aforro non só entre as empresas, senón tamén entre o consumidor final da enerxía. A rendibilidade de implantar estes sistemas non é so económica, senón medioambiental, polo que a súa aposta beneficia a toda a sociedade.

 

O delegado territorial sinalou que a Xunta de Galicia aposta pola promoción da eficiencia enerxética e as fontes renovables como un dos piares fundamentais para a redución dos consumos e a diminución das emisións de contaminantes á atmosfera. Neste contexto, referiuse ao novo programa de axudas a enerxías renovables, promovido pola Consellería de Economía e Industria a través do Inega, que conta este ano cunha partida de máis de 2 millóns de euros.

 

O novo programa de axudas impulsará 600 proxectos que xerarán un investimento asociado de 5 millóns de euros, evitando a emisión a atmosfera de preto de 5.200 toneladas de CO2 ao ano. O delegado territorial asegurou que esta actuación contribuirá ao aforro das empresas, institucións sen ánimo de lucro e familias e impulsará a competitividade do tecido empresarial.

 

A xornada, que conta co apoio do Igape, está orientada a profesionais e consumidores deste tipo de enerxías, e acolle experiencias internacionais no uso das fontes limpas. Alemaña, Suíza e Portugal serán os protagonistas desta edición que se complementa con charlas sobre o uso, iniciativas e investigacións desenvoltas en Galicia.

 

De xeito complementario a esta actividade existirá unha zona expositiva na que participarán importantes empresas relacionadas co sector radicadas en Galicia que presentarán os avances en instalacións e produtos relacionados coa xeotermia, a biomasa, a fotovoltaica ou a enxeñería ambiental.

 

Compartir
  • Facebook Like
  • Tweet Widget
  • Google Plus One
Modificar evento

Enviar un evento

Buscador

Formato: 2023-01-30
You don't have Javascript enabled. Hover for more information! But don't worry: you can still use this web site! You have two options:
  • enable Javascript in your browser and then refresh this page, for a much enhanced experience.
  • click the Update button every time you want to update the selection.
You don't have Javascript enabled. Hover for more information! But don't worry: you can still use this web site! You have two options:
  • enable Javascript in your browser and then refresh this page, for a much enhanced experience.
  • click the Update button every time you want to update the selection.

Axuda

Pode empregar estes filtros para amosar só os eventos do seu interese.
Pode empregar os filtros xuntos ou por separado.
Despois de seleccionar un ou varios filtros prema o botón buscar para realizar a súa busqueda.

por título

Indroduza unha ou varias palabras e amosaranse só os ventos que conteñan todas esas palabras no seu título.

por data

Pode limitar los eventos por:

  • ano: amosaranse todos os eventos dese ano.
  • mes: mes amosaranse todos os eventos dese mes.
  • día: amosaranse só os eventos dese día.

por lugar

Seleccione no menú despregable a provincia e/ou localidade. Amosaranse só os eventos que teñan lugar nesa provincia/localidade.

por categoría

Seleccione unha categoría no menú despregable. Amosaranse só os eventos desa categoría.

Recursos

  • Festas locais
  • Recintos feirais
  • Fases da Lúa
  • O Tempo

Santoral

Santoral
Nomes e significados
InternetGalicia.net - Galicia Digital - Contacto - Aviso Legal - Política de Privacidad - Política de cookies
Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información