Ir o contido principal
Axenda de Galicia | Agenda de Galicia logo

Superfish Menu

  • Actos
  • Espectáculos
  • Festas - Feiras
  • Exposicións
  • Cursos
  • Eventos no exterior
  • Servizos
Inicio

Presentación do programa “Innova Emprego”

  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT t.*,v.weight AS v_weight_unused FROM term_node r INNER JOIN web68db1.term_data t ON r.tid = t.tid INNER JOIN web68db1.vocabulary v ON t.vid = v.vid WHERE r.vid = 44560 ORDER BY v.weight, t.weight, t.name in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 640.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 10931 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 11118 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 11120 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 9432 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 7883 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 481 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 432 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 418 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.
  • user warning: Table 'web68db1.vocabulary' doesn't exist query: SELECT v.*, n.type FROM web68db1.vocabulary v LEFT JOIN vocabulary_node_types n ON v.vid = n.vid WHERE v.vid = 3 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1056.
  • user warning: Table 'web68db1.vocabulary' doesn't exist query: SELECT v.*, n.type FROM web68db1.vocabulary v LEFT JOIN vocabulary_node_types n ON v.vid = n.vid WHERE v.vid = 44 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1056.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 432 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 432 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 432 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT t.tid, t.*, parent FROM web68db1.term_data t INNER JOIN web68db1.term_hierarchy h ON t.tid = h.tid WHERE t.vid = 0 ORDER BY weight, name in /home/www/web75/web/sites/agendanueva.galiciadigital.com/modules/hierarchical_select/modules/hs_taxonomy.module on line 802.
Modificar evento
Arquivos adxuntos
Presentación do programa “Innova Emprego”
Presentación do programa “Innova Emprego”
Categoría: 
    Ónde ten lugar
    Localidade: 
      Lugar: 
      Centro Cultural Marcos Valcárcel da Deputación Ourense
      Descrición

      A Deputación de Ourense pon en marcha un programa europeo para fomentar o emprego no sector socio-sanitario

       

      Na primeira fase do proxecto, presentado hoxe por Manuel Baltar, participan 150 demandantes de emprego, que percibirán durante catro meses un salario de formación de 400 €

       

      O presuposto do programa ascende a 2,5 millóns de euros, cofinanciados polo Fondo Social Europeo

      Ourense, 8 de maio de 2013.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, presentou hoxe o programa “Innova Emprego”, unha iniciativa promovida pola institución provincial que ten como obxectivo fomentar a creación de emprego no sector socio-sanitario na provincia de Ourense. Nas primeiras accións do programa participarán un total de 150 demandantes de emprego –maioritariamente mulleres-, que percibirán durante catro meses un salario mensual de 400 euros, o 75% do IPREM, o máximo permitido polo Fondo Social Europeo Este período divídese en dous meses para actividades formativas e dous meses de prácticas.

       

      O orzamento co que conta este programa é de 2.478.935 euros, cofinanciado polo Fondo Social Europeo dentro do Programa Operativo "Adaptabilidade e Emprego". É un dos 59 proxectos aprobados para España co obxectivo de facilitar a inserción socio-laboral a demandantes de emprego a través de programas mixtos de formación e inserción laboral.

       

      No acto de presentación, Manuel Baltar estivo acompañado do director da Área de Benestar da Deputación de Ourense, José Juan Cerdeira, e da adxunta á dirección desta área, Montserrat Rodríguez.

       

      Este proxecto de políticas activas de emprego da Deputación de Ourense considera diferentes itinerarios de cualificación laboral, cada un deles nun ámbito de actividade e dirixidos a colectivos moi diferentes que van dende mulleres desempregadas e sen cualificación ata mozos/as licenciados/as universitarios/as en situación de desemprego. Os colectivos identificados como potenciais beneficiarios para a cualificación e recualificación profesional para o emprego foron determinados por presentar índices de desemprego altos dentro da provincia de Ourense.

       

      Perfís de alta demanda laboral

       

      Para a súa implantación, a Deputación de Ourense ten divido a provincia en catro áreas e 11 zonas denominadas "zonas de actuación", que estruturan o territorio provincial en atención a criterios de poboación e distancia. O obxectivo é que toda a provincia se beneficie dos diferentes itinerarios de cualificación profesional no interese de achegar as oportunidades ás persoas e facilitar a súa participación en proxectos de políticas activas de emprego. Esta semana dará comezo un dos itinerarios de cualificación profesional do proxecto: Atención socio-sanitaria a persoas dependentes en institucións sociais. En cada zona seleccionáronse os participantes a través das oficinas do Servizo Público de Emprego correspondentes.

       

      Tres mil horas de formación

       

      O programa é mixto, pois abrangue formación e inserción laboral, polo que as persoas participantes terán a posibilidade durante catro meses de adquirir formación e experiencia laboral nun ámbito de traballo no que existe demanda de recursos humanos na provincia de Ourense. Para iso, complementarase a formación teórica, impartida por docentes cualificados nas distintas materias, coa inmersión laboral. A fase teórica terá unha duración de dous meses, contando con 105 expertos docentes que desenvolverán 3.025 horas de formación especializada.

       

      Debido á maior taxa de desemprego e a menor taxa de actividade que presenta na provincia de Ourense o colectivo feminino, este ten acceso prioritario ao proxecto, e só no caso de non se cubrir as prazas por mulleres nalgunha acción formativa podería ter acceso o colectivo masculino. Das 150 prazas, un 37% dos participantes son maiores de 45 anos, e en canto ao nivel formativo, un 61% teñen un nivel formativo equivalente á educación primaria ou inferior. En termo de permanencia no paro, un 27% levan menos de 6 meses, un 28% entre 6 meses e un ano, o 45% levan máis dun ano.

       

      Cooperación empresarial

       

      A Deputación de Ourense deseñou unha cualificación laboral no que ten especial importancia o período de inmersión laboral en empresas. Para iso, establecéronse convenios con empresas do sector de actividade do coidado de persoas en situación de dependencia, que veñen traballando nas distintas zonas de actuación do proxecto, para colaborar nesta fase.

       

      Trátase de que as persoas participantes teñan un coñecemento real do traballo a desenvolver e a posibilidade de poñer en práctica os coñecementos adquiridos baixo a tutela e guía dos seus formadores e dos coordinadores das diferentes empresas. Esta inmersión tamén permite ás empresas coñecer a formación coa que contan estas persoas e comprobar as súas habilidades laborais, converténdose nunha ponte entre o traballador e o potencial empresario que, unha vez finalizada a formación, poida materializarse nunha relación laboral.

       

      Salario de formación

       

      O proxecto previuse para que conte con todos os elementos necesarios para incentivar os participantes e xerar un ámbito análogo ao laboral. Neste sentido, un dos elementos máis substanciais é o dereito que adquiren as persoas seleccionadas a percibir, durante todo o tempo que dure a formación, o chamado "Salario de Formación": mensualmente e cunha sistemática semellante a unha nómina, cada persoa recibirá o equivalente ao 75% do IPREM, 400 €, o máximo permitido polo Fondo Social Europeo.

       

      Para a implantación do proxecto, a Deputación ten divido a provincia de Ourense en catro áreas e 11 zonas denominadas "zonas de actuación", que estruturan o territorio en atención a criterios de poboación e distancia. O obxectivo é que toda a provincia se beneficie dos diferentes itinerarios de cualificación profesional no interese de achegar as oportunidades ás persoas e facilitar a súa participación en proxectos de políticas activas de emprego.

       

      Esta semana dará comezo un dos itinerarios de cualificación profesional do proxecto: Atención socio-sanitaria a persoas dependentes en institucións sociais. En cada zona seleccionáronse os participantes a través das oficinas do Servizo Público de Emprego correspondentes.

       

      O seguinte cadro detalla os concellos e a poboación:

       

      ÁREA XEOGRÁFICA

      ZONAS

      CONCELLOS

      SUPERFICIE (KM2)

       

      POBOACIÓN (INE 2012)

       

       

      ÁREA 1

      ZONA 1

      Beariz, Boborás, O Carballiño, O Irixo, Maside, Piñor, Punxín, San Amaro, San Cristovo de Cea

      552,4

      28.891

      ÁREA 1

      ZONA 2

      Amoeiro, Barbadás, Coles, Esgos, Nogueira de Ramuín, O Pereiro de Aguiar, A Peroxa, San Cibrao das Viñas, Taboadela, Toén, Vilamarín

      538,6

      38.538

      ÁREA 2

      ZONA 3

      Chandrexa de Queixa, Manzaneda, A Pobra de Trives, San Xoán de Río, Castro Caldelas, Montederramo, Parada de Sil, A Teixeira

      744,9

      8.103

      ÁREA 2

      ZONA 4

      O Barco de Valdeorras, O Bolo, Carballeda de Valdeorras, Larouco, Petín, A Rúa, Rubiá, A Veiga, Vilamartín de Valdorras

      969,2

      27724

      ÁREA 2

      ZONA 5

      Allariz, Baños de Molgas, Xunqueira de Ambía, Xunqueira de Espadanadeo, Maceda, Paderne de Allariz

      382,2

      15060

      ÁREA 3

      ZONA 6

      A Arnoia, Avión, Beade, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Melón, Ribadavia

      406,9

      18369

      ÁREA 3

      ZONA 7

      A Bola, Cartelle, Celanova, Gomesende, A Merca, Padrenda, Pontedeva, Quintela de Leirado, Ramirás, Verea

      508,9

      20057

      ÁREA 3

      ZONA 8

      Bande, Entrimo, Lobeira, Lobios, Muíños

      530,4

      8.212

      ÁREA 4

      ZONA 9

      Baltar, Os Blancos, Calvos de Randín, Xinzo de Limia, Porqueira, Rairiz de Veiga, Sandiás, Sarreaus, Trasmiras, Vilar de Barrio, Vilar de Santos

      801,9

      22.823

      ÁREA 4

      ZONA 10

      Castrelo do Val, Cualedro, Laza, Monterrei, Oímbra, Riós, Verín, Vilardevós

      1.007,20

      28.261

      ÁREA 4

      ZONA 11

      A Gudiña, A Mezquita, Viana do Bolo, Vilariño de Conso

      746,3

      6.622

       

      Compartir
      • Facebook Like
      • Tweet Widget
      • Google Plus One
      Modificar evento

      Enviar un evento

      Buscador

      Formato: 2025-07-06
      You don't have Javascript enabled. Hover for more information! But don't worry: you can still use this web site! You have two options:
      • enable Javascript in your browser and then refresh this page, for a much enhanced experience.
      • click the Update button every time you want to update the selection.
      You don't have Javascript enabled. Hover for more information! But don't worry: you can still use this web site! You have two options:
      • enable Javascript in your browser and then refresh this page, for a much enhanced experience.
      • click the Update button every time you want to update the selection.

      Axuda

      Pode empregar estes filtros para amosar só os eventos do seu interese.
      Pode empregar os filtros xuntos ou por separado.
      Despois de seleccionar un ou varios filtros prema o botón buscar para realizar a súa busqueda.

      por título

      Indroduza unha ou varias palabras e amosaranse só os ventos que conteñan todas esas palabras no seu título.

      por data

      Pode limitar los eventos por:

      • ano: amosaranse todos os eventos dese ano.
      • mes: mes amosaranse todos os eventos dese mes.
      • día: amosaranse só os eventos dese día.

      por lugar

      Seleccione no menú despregable a provincia e/ou localidade. Amosaranse só os eventos que teñan lugar nesa provincia/localidade.

      por categoría

      Seleccione unha categoría no menú despregable. Amosaranse só os eventos desa categoría.

      Recursos

      • Festas locais
      • Recintos feirais
      • Fases da Lúa
      • O Tempo

      Santoral

      Santoral
      Nomes e significados
      InternetGalicia.net - Galicia Digital - Contacto - Aviso Legal - Política de Privacidad - Política de cookies
      Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
      Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información