Ir o contido principal
Axenda de Galicia | Agenda de Galicia logo

Superfish Menu

  • Actos
  • Espectáculos
  • Festas - Feiras
  • Exposicións
  • Cursos
  • Eventos no exterior
  • Servizos
Inicio

Presentación do terceiro estudo do Observatorio Económico Ourensán.

  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT t.*,v.weight AS v_weight_unused FROM term_node r INNER JOIN web68db1.term_data t ON r.tid = t.tid INNER JOIN web68db1.vocabulary v ON t.vid = v.vid WHERE r.vid = 48163 ORDER BY v.weight, t.weight, t.name in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 640.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 10931 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 11845 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 11120 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 9432 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 7883 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 481 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 432 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 418 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.
  • user warning: Table 'web68db1.vocabulary' doesn't exist query: SELECT v.*, n.type FROM web68db1.vocabulary v LEFT JOIN vocabulary_node_types n ON v.vid = n.vid WHERE v.vid = 3 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1056.
  • user warning: Table 'web68db1.vocabulary' doesn't exist query: SELECT v.*, n.type FROM web68db1.vocabulary v LEFT JOIN vocabulary_node_types n ON v.vid = n.vid WHERE v.vid = 44 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1056.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 432 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 432 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT * FROM web68db1.term_data WHERE tid = 432 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1091.
  • user warning: Table 'web68db1.term_data' doesn't exist query: SELECT t.tid, t.*, parent FROM web68db1.term_data t INNER JOIN web68db1.term_hierarchy h ON t.tid = h.tid WHERE t.vid = 0 ORDER BY weight, name in /home/www/web75/web/sites/agendanueva.galiciadigital.com/modules/hierarchical_select/modules/hs_taxonomy.module on line 802.
Modificar evento
Arquivos adxuntos
Presentación do terceiro estudo do Observatorio Económico Ourensán.
Categoría: 
    Cando ten lugar
    Hora: 
    10.30 h.
    Ónde ten lugar
    Localidade: 
      Lugar: 
      Centro Cultural Marcos Valcárcel da Deputación Ourense
      Descrición

      O Observatorio Económico reflicte que a recuperación asoma no desemprego

       

      Baltar presentou hoxe o terceiro informe do Observatorio Económico Ourensán, que destaca unha rebaixa do paro interanual

       

      Mantense como a provincia galega con mellor evolución, con amplos diferenciais positivos sobre as medias de Galicia e España

       

      O sector servizos xera o 39% do Valor Engadido Bruto (VEB) da provincia e o 38% das afiliacións totais á Seguridade Social

       

      Ourense, 28 de novembro de 2013.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, presentou hoxe no Centro Cultural “Marcos Valcárcel” o terceiro informe do Observatorio Económico Ourensán, unha ferramenta que a Deputación de Ourense desenvolve para a análise económica, laboral, empresarial e social da situación económica da provincia ourensá e cada unha das súas comarcas. O Observatorio nace da implicación das institucións (Deputación e Inorde), a universidade e o ámbito empresarial e na súa elaboración intervén un equipo multidisciplinar de profesionais e universitarios especializados.

       

      Neste terceiro informe destaca unha rebaixa no paro interanual na provincia de Ourense, que se mantén como a provincia galega con mellor evolución –con amplos diferenciais positivos sobre as medias de Galicia e España-, se ben a melloría que se ven producindo no último ano na evolución do paro rexistrado non se está a manifestar aínda no comportamento das afiliacións á Seguridade Social, nin tampouco na recuperación no número de unidades locais ou centros de traballo.

       

      O Observatorio Económico Ourensán recolle que o pasado mes de outubro marcou en certo modo un fito laboral desde o inicio da crise, xa que por segunda vez desde decembro de 2007 a taxa de paro interanual tivo signo negativo. Esta situación só tivera ata agora un precedente, o do pasado mes de xullo, pero daquela a redución limitárase ao 0,5%, fronte ao descenso do 1,1% anotado en outubro.

       

      Manuel Baltar explicou que esta terceira entrega do Observatorio Económico Ourensán “contén sinais de reacción e de recuperación”. “Os síntomas da enfermidade –dixo- principian por fin a remitir, pero o desgaste e a debilidade acumulados son tan acusados que cada cambio de tendencia en calquera estatística esixe unha larga espera e un esforzado traballo entre todos os axentes económicos e sociais”.

       

      O presidente provincial subliñou: “É o prezo a dúas profundas recesións e a seis anos cos indicadores á baixa e con todos os motores semi-bloqueados, agás os da iniciativa, os das ideas e os da busca permanente de solucións”. “Co Produto Interior Bruto demasiado ancorado no conxunto de España, e mesmo no contorno europeo, que soporta o groso das nosas relacións comerciais, propiciar a recuperación da economía ourensá non pode ser nin unha tarefa doada, nin unha acción inmediata. Pero a recuperación e Ourense non poden esperar”, engadiu.

       

      Manuel Baltar afirmou que un dos máis salientables é o feito de que por segunda vez en todo este longo período en crise, “o mercado laboral da provincia de Ourense foi capaz de presentar taxa de variación interanual con descenso de desempregados. As propias táboas do paro deixan ademais outros indicios moi favorables como que oito comarcas e 53 concellos da provincia teñen hoxe menos parados que hai un ano. Hai agora un ano, a primeira edición do Observatorio só identificaba unha comarca -a da Baixa Limia- e once municipios nesa posición de privilexio”.

       

      Baltar destacou que o estudo “constitúe unha excelente radiografía dalgúns dos piares históricos de Ourense, como o comercio, a hostalaría ou o transporte e almacenamento, nos que acreditamos un elevado nivel grazas ás empresas, ós autónomos e ós profesionais”. O presidente provincial sinalou que unha vez feita a diagnose, “a estratexia da Deputación de Ourense continuará a administrar apoios, iniciativas e programas de choque capaces de acelerar a reactivación desta provincia tan necesitada de estímulos”. Mañá mesmo, aprobaranse os orzamentos da Deputación para o ano 2014, cunha suba de máis do 11 %, e nos que, por primeira vez os gastos de persoal sitúanse por debaixo do 40 % e co 40 % máis de investimentos.

       

      Afiliacións e unidades locais

       

      O informe do Observatorio reflicte que a recuperación do paro aínda non se estende nin ás afiliacións, nin ás unidades locais. O número de cotizantes á Seguridade Social caeu no último ano en cada unha das doce comarcas da provincia, con descensos comprendidos entre o 1 e o 8%. Mentres, a taxa provincial repite exactamente o mesmo valor que presentaba a estas alturas do 2012, cunha perdida interanual do 2,6% dos afiliados.

       

      Pola súa banda, a estatística de centros de traballo tampouco pasou ao terreo positivo. Segundo os últimos datos dispoñibles, correspondentes a finais de 2012, o ano pasado pechou igualmente cun descenso interanual do número de unidades locais. En concreto, a provincia perdeu o 0,73% e pasa a acumular desde o inicio da crise unha diminución do 2,1%.

       

      Con todo, Ourense sigue a ser o territorio menos castigado pola crise desde a perspectiva das tres variables en estudo: o paro rexistrado, as afiliacións e o censo de unidades locais. No paro interanual, a baixada provincial do 1,1% contrasta co leve repunte de Galicia (0,1%), onde só A Coruña (-0,2%) se sumou a Ourense á hora de reducir o número de desempregados.

       

      Nas afiliacións, o descenso ourensán do 2,6% está moi por debaixo dos outros tres rexistros galegos: A Coruña (-3,5%), Lugo (-4,1%) e Pontevedra (-4,5%). Non obstante, no último semestre esta provincia cedeu parte do seu diferencial positivo coas outras provincias galegas, nas que se suavizou máis a perdida de afiliados.

       

      E no tocante ós centros de traballo, o descenso que acumula Ourense desde o inicio da crise é proporcionalmente a metade da que sufre o conxunto da Galicia. É dicir, esta provincia pechou unidades locais á metade de ritmo que a comunidade.

       

      Un semestre en melloría

       

      Desde a presentación da segunda edición do Observatorio, en xuño de 2013, seis comarcas foron capaces de mellorar a súa a taxa interanual de afiliacións (Carballiño, A Limia, O Ribeiro, Celanova, Trives e Valdeorras), e o mesmo aconteceu en 48 concellos. A propia comparativa entre Observatorios reflicte asimesmo que a taxa interanual de paro mellorou en oito comarcas -en todas agás en Allariz-Maceda, A Baixa Limia, Terra de Celanova e Viana-, así como nun total de 50 municipios.

       

      Na actualidade, unha comarca (Trives) e 16 concellos xa teñen hoxe máis centros de traballo que antes de que principiara a crise. Ao mesmo tempo, catro municipios (Barbadás, Pereiro de Aguiar, San Cibrao e Allariz) suman hoxe máis afiliados que hai cinco anos, e tres (Entrimo, Monterrei e Vilar de Barrio) fan posible que descenda a taxa quinquenal de paro rexistrado, como si os seus respectivos mercados laborais vivisen alleos á dobre recesión económica.

       

      Sector servizos

       

      Esta terceira entrega do Observatorio Económico Ourensán dedica unha análise especial ao sector servizos, como continuidade dos capítulos de afondamentos realizados nas dúas edicións anteriores (o sector tecnolóxico e o sector industrial). O estudo analiza de xeito individual e agrupado as ramas do comercio; do transporte e almacenamento; da hostalaría; da información e comunicacións; das actividades profesionais, científicas e técnicas; e das actividades administrativas e servizos auxiliares.

       

      En primeiro lugar, precisa que o sector servizos aporta o 39% do VEB da provincia e impulsa o 38,1% das afiliacións totais, con preto de 38.000 cotizantes no sistema da Seguridade Social. Case a metade desas afiliacións corresponden ao comercio, xa que asina o 46,6%, seguido pola hostalaría, co 20,6%. Por comarcas, o sector concéntrase en Ourense (56%), mentres que Carballiño ocupa o segundo posto do ranking provincial, co 8,3%. Aínda que nos servizos tamén houbo caída de afiliacións (-1,4%) no último ano, o comportamento foi mellor que no conxunto da economía ourensá (-2,6%) e da galega (-3,2%).

       

      A doce meses, tres comarcas mesmo foron quen de incrementar o número de afiliacións en comparación co ano anterior: Verín (2%), Carballiño (1,5%) e A Limia (0,5%).

       

      Por ramas de actividade, houbo incrementos nas actividades profesionais (1,6%) e na hostalaría (1,1%), en claro contraste cos dous grupos que soportaron unha maior destrución de emprego, a información e comunicacións (-7,8%) e as actividades administrativas (-4,3%).

       

       

       

       

      Compartir
      • Facebook Like
      • Tweet Widget
      • Google Plus One
      Modificar evento

      Enviar un evento

      Buscador

      Formato: 2025-07-06
      You don't have Javascript enabled. Hover for more information! But don't worry: you can still use this web site! You have two options:
      • enable Javascript in your browser and then refresh this page, for a much enhanced experience.
      • click the Update button every time you want to update the selection.
      You don't have Javascript enabled. Hover for more information! But don't worry: you can still use this web site! You have two options:
      • enable Javascript in your browser and then refresh this page, for a much enhanced experience.
      • click the Update button every time you want to update the selection.

      Axuda

      Pode empregar estes filtros para amosar só os eventos do seu interese.
      Pode empregar os filtros xuntos ou por separado.
      Despois de seleccionar un ou varios filtros prema o botón buscar para realizar a súa busqueda.

      por título

      Indroduza unha ou varias palabras e amosaranse só os ventos que conteñan todas esas palabras no seu título.

      por data

      Pode limitar los eventos por:

      • ano: amosaranse todos os eventos dese ano.
      • mes: mes amosaranse todos os eventos dese mes.
      • día: amosaranse só os eventos dese día.

      por lugar

      Seleccione no menú despregable a provincia e/ou localidade. Amosaranse só os eventos que teñan lugar nesa provincia/localidade.

      por categoría

      Seleccione unha categoría no menú despregable. Amosaranse só os eventos desa categoría.

      Recursos

      • Festas locais
      • Recintos feirais
      • Fases da Lúa
      • O Tempo

      Santoral

      Santoral
      Nomes e significados
      InternetGalicia.net - Galicia Digital - Contacto - Aviso Legal - Política de Privacidad - Política de cookies
      Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
      Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información