Ir o contido principal
Axenda de Galicia | Agenda de Galicia logo

Superfish Menu

  • Actos
  • Espectáculos
  • Festas - Feiras
  • Exposicións
  • Cursos
  • Eventos no exterior
  • Servizos
Inicio

ROGELIO MARTÍNEZ INAUGURA O QUINTO SALÓN DO VIÑO E LICORES GALEGOS DE CALIDADE

Modificar evento
Arquivos adxuntos
ROGELIO MARTÍNEZ INAUGURA O QUINTO SALÓN DO VIÑO E LICORES GALEGOS DE CALIDADE
Categoría: 
  • Actos›Empresariais
  • Actos›Profesionais
Cando ten lugar
Hora: 
Todo el día
Ónde ten lugar
Pais: 
España
Localidade: 
  • España›Galicia›Ourense›Ourense (Capital)
Lugar: 
EXPOURENSE, Fundación Feiras e Exposicións de Ourense.
Descrición

ROGELIO MARTÍNEZ INAUGURA O QUINTO SALÓN DO VIÑO E LICORES GALEGOS DE CALIDADE QUE SE CELEBRA EN EXPOURENSE

 

O delegado territorial da Xunta en Ourense destacou o peso do sector vinícola de calidade, que xerou o ano pasado máis de 153 millóns de euros

En total participan 66 expositores, nos que están presentes 38 adegas galegas

Esta edición de Vinis Terrae reunirá a importadores de 13 países, destacando o interese de empresarios dos Estados Unidos

 

Ourense, 27 de maio de 2013.- Durante dous días o recinto feiral de Expourense acolle a quinta edición de Vinis Terrae, Salón de Viños e Licores Galegos de Calidade. O delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, presidiu esta mañá o acto de inauguración do certame e incidiu na importancia do sector vinícola galego de calidade, que xerou o ano pasado máis de 153 millóns de euros.

 

Martínez destacou que Vinis Terrae se converte nun importante centro de negocios, “serve de ferramenta de internacionalización ao servizo das pequenas e medianas empresas galegas que producen viño de calidade para facilitarlle a exportación a mercados aos que, doutro xeito, lles resultaría máis complicado acceder”. O delegado territorial indicou que “nesta época cunha coxuntura económica complicada para as empresas, un posicionamento idóneo dos produtos para a súa comercialización no exterior amósase fundamental”.

 

Os Estados Unidos, con importadores procedentes de 27 estados, Reino Unido, Holanda, Brasil, Dinamarca e España son os países con maior representación nesta edición na que tamén participan compradores de Alemaña, Bélxica, Canadá, Francia, Suecia, México, Portugal e Perú.

 

O máximo representante da Xunta en Ourense subliñou que o sector vinícola “é un claro exemplo da excelencia dos nosos produtos agroalimentarios xa que o 95 % do viño producido en Galicia está amparado por unha denominación de calidade ou indicación xeográfica protexida, unha porcentaxe moi superior á doutras comunidades autónomas”.

 

Ademais, Martínez indicou que o labor de promoción que realiza este salón vai máis aló da comercialización, xa que “ofrece unha completa información sobre as nosas rutas enolóxicas que, a través do viño como fío conductor, servirán para promocionar a nosa gastronomía, patrimonio e natureza ante os asistentes ao certame, dinamizando así o noso turismo”.

 

Compartir
  • Facebook Like
  • Tweet Widget
  • Google Plus One
Modificar evento

Enviar un evento

Buscador

Formato: 2023-01-30
You don't have Javascript enabled. Hover for more information! But don't worry: you can still use this web site! You have two options:
  • enable Javascript in your browser and then refresh this page, for a much enhanced experience.
  • click the Update button every time you want to update the selection.
You don't have Javascript enabled. Hover for more information! But don't worry: you can still use this web site! You have two options:
  • enable Javascript in your browser and then refresh this page, for a much enhanced experience.
  • click the Update button every time you want to update the selection.

Axuda

Pode empregar estes filtros para amosar só os eventos do seu interese.
Pode empregar os filtros xuntos ou por separado.
Despois de seleccionar un ou varios filtros prema o botón buscar para realizar a súa busqueda.

por título

Indroduza unha ou varias palabras e amosaranse só os ventos que conteñan todas esas palabras no seu título.

por data

Pode limitar los eventos por:

  • ano: amosaranse todos os eventos dese ano.
  • mes: mes amosaranse todos os eventos dese mes.
  • día: amosaranse só os eventos dese día.

por lugar

Seleccione no menú despregable a provincia e/ou localidade. Amosaranse só os eventos que teñan lugar nesa provincia/localidade.

por categoría

Seleccione unha categoría no menú despregable. Amosaranse só os eventos desa categoría.

Recursos

  • Festas locais
  • Recintos feirais
  • Fases da Lúa
  • O Tempo

Santoral

Santoral
Nomes e significados
InternetGalicia.net - Galicia Digital - Contacto - Aviso Legal - Política de Privacidad - Política de cookies
Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información